Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 18 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Mesa reclama o dereito ao galego en todas as comisarías

A Mesa pola Normalización Lingüística solicita medidas para garantir o dereito ao uso do galego en todas as comisarías, tras a queixa presentada por unha veciña de Pontevedra acusada por un axente de "faltar ao respecto á autoridade" por reclamar o seu dereito a ser atendida na súa lingua.

 

 

Segundo a denuncia, o axente declarou non entender o galego e cuestionou o dereito da cidadanía a expresarse nesta lingua ante as institucións públicas. A pesar de acceder a cambiar de lingua, o axente continuou obstaculizando o proceso. A muller decidiu interromper o trámite e volver noutro momento para presentar unha queixa por non ser atendida na súa lingua, ante unha persoa competente en galego. Nese momento, o axente interpuxo unha denuncia contra a muller por "faltar ao respeto á autoridade".

 

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recorda que "os dereitos lingüísticos son parte dos dereitos humanos" e que "a policía debería protexelos". A entidade esixe ao Ministerio do Interior que informe a todas as forzas de seguridade dos dereitos que deben defender e propón unha campaña específica para promover o uso do galego nas relacións coa policía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.