VIGO
Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, visitou onte a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade olívica. Alí, ademais de visitar as instalacións con membros da Xunta Directiva da Fundación, como o seu presidente, Iván Martínez, tamén puido charlar co persoal do grupo de traballo de preparación de pedidos. A vicepresidenta quixo agradecer o seu traballo, “e todo o que esta Fundación provincial fai polos pontevedreses que máis o precisan”, polo papel fundamental que xogan na sociedade. “Ogallá chegue o día no que a vosa presencia non sexa necesaria porque sería, sen dúbida un grande avance. Pero, mentres tanto, grazas por todo o que facedes os 365 días do ano”.
Durante a visita, Luisa Sánchez aproveitou para lembrar que o Banco de Alimentos de Vigo está buscando voluntarios para levar a cabo o próximo mes o Maio Solidario, a súa segunda Operación Kilo neste 2024 e estendeu a man do goberno provincial “para seguir colaborando estreitamente con vós en proxectos contra a exclusión social e en todo o que necesitedes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60