Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 17 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

A conciliación familiar a debate nas terceiras Xornadas da Muller de Mos

Hoxe comezou o programa de charlas e ponencias enfocadas a dar ferramentas aos pais e nais para que desenvolvan habilidades para educar e formar aos seus fillos na non violencia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Igualdade mosense, Leo Costas, inauguraron esta tarde as III Xornadas da Muller de Mos, acompañados pola Directora e a Xurídica do CIM de Mos, Alba Mª Bugarín e Ana María Rodríguez Cabaleiro, respectivamente.

 


As III Xornadas da Muller de Mos comezaron esta tarde e continuarán mañá,  18  de abril  no  Pazo  de Mos ,   en horario    de 16.30    a 20  horas e baixo o título CONCILIACIÓN  FAMILIAR: REALIDADE  OU UTOPÍA.
Segundo declararon os representantes municipais Arévalo e Costas “estas xornadas pretenden  facer  reflexionar  sobre  a  necesidade da coeducación,  conciliación  e  corresponsabilidade  efectivas  e  non  só reflectidas no  papel. E sobre a necesidade de dar ferramentas aos pais e nais para que desenvolvan habilidades para educar e formar aos seus fillos na non violencia”.


Aínda que   actualmente  asístese    á formación  de     un novo ideal  de familia,  máis  igualitaria  ou  simétrica,  a  realidade  demóstranos    que  queda  un  longo camiño,  persistindo  unha repartición desigualitaria das  tarefas e  responsabilidades  entre  homes  e  mulleres.  Seguen  sendo as  mulleres,  as  que  solicitan  máis  excedencias  e  permisos  para coidados, máis  reducións  de xornada,  as  que  sofren  un  emprego máis  precario...


Temáticas das xornadas
Hoxe    mércores 17 as charlas enfocáronse cara ás    violencias,  a súa  repercusión  nos  menores,  como  afecta     os menores    a  educación  permisiva  e  sobreprotectora, o incremento  da  violencia sexual, e de xénero e o aumento das condutas  violentas  nos  mozos. Interviron  Jero  García  (deportista ,  presentador e  exboxeador) autor do   libro “ Cola de lagartija”  sobre acoso  escolar.  O  psiquiatra Juan Carlos    Diz Del  Valle, coordinador  do  programa  de Psiquiatría    legal do  Servizo    de psiquiatría  da  Xerencia  do  Servizo  Integral  da Coruña. Paula C.  Frias, sobre o  seu libro “Historias para vivir, a miña viaxe cara á tolemia”. Carmen  Raña,  da  asociación  Mulleres  en Igualdade  de Vigo,  que falará da  súa experiencia  como  mestra  e  muller traballadora  cunha    filla  dependente.   E finalmente  Susana López Abella.


Mañá xoves 18 falarase sobre a familia  desde  un punto máis  xurídico  e  das  medidas  e  as  ferramentas  que  debemos  adoptar  ante  os  conflitos  familiares  en interese    dos  menores. Intervirán Paula  BLASCO  Moia, Fiscal da Área  de Pontevedra,    dando a  visión  da  intervención  do  Ministerio  Fiscal  nos procedementos  de menores,  e  a súa función  de protección    do  interese  destes.  Consuelo  Arenosa, Xuíza en distintos  partidos  Xudiciais, como Vigo, Porriño, Ponteareas, etc. e  que  falará da intervención xudicial  nos  procesos  de familia. Intervirá  tamén un  membro  do Grupo da EVAP da Policía  Local  de Vigo,    que se encargan  da “custodia“  de mulleres  vítimas  de violencia    e  dos  seus  fillos, e  finalmente  Helena  Lopo, psicóloga, que nos dará  algunhas  ferramentas   emocionais  para  axudar  aos  menores  para  xestionar  os  conflitos  familiares.


Segundo Nidia Arévalo, rexedora local mosense e Leo  Costas, concelleiro  de Igualdade “é  importante  seguir un  ano  máis  con estas Xornadas, xa que    a  formación  e  a  educación  son  ferramentas  esenciais  para  conseguir  unha  sociedade  máis  igualitaria, e continuar coa loita  e erradicación  da violencia  de xénero”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.