VIGO
O Conservatorio Profesional de Música de Vigo o primeiro de Galicia con acreditación “Erasmus+”
A delegada territorial da Xunta visitou onte mércores o centro educativo no que se forman 560 estudantes e traballan 68 docentes
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mércores, xunto ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, o Conservatorio Profesional de Música de Vigo (CMUS), primeiro da comunidade galega que contou coa certificación “Erasmus+” no seu programa de estudos.
“É un orgullo para todos nós que o proxecto do CMUS fose o mellor valorado de toda España no 2021 e que acadase unha acreditación que terá validez ata o ano 2027”, apuntou Ana Ortiz. A representante autonómica mantivo unha xuntanza co equipo directivo do centro para coñecer de primeira man as distintas formacións impartidas no centro e a continuación realizou un percorrido polas instalacións.
Ademais, a delegada visitou dúas aulas onde tivo un encontro cos alumnos, de 16 e 17 anos, que reciben formación en análisis e en historia da música. O Conservatorio Profesional de Música de Vigo é un centro que destaca pola súa xestión, organización e proxección. O centro, que conta con 68 docentes e 560 estudantes, tamén destaca pola súa programación de concertos dirixido ao público en xeral.
A obtención da acreditación “Erasmus+”, que ten en funcionamento dende 2021, é un impulso para continuar consolidando o programa no conservatorio e avanzando na súa estratexia de internacionalización. Esta certificación garante que o centro establece un plan para executar actividades de mobilidade de alta calidade no marco dunha iniciativa máis ampla de desenvolvemento da súa organización.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60