Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 19 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Bloque denuncia as carencias en Saúde Mental, con esperas dun ano

O BNG presenta iniciativas no Parlamento Galego ante a falta de médicos en Ponteareas

A deputada do BNG, Cristina Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa no Parlamento Galego relativa ao centro de saúde e PAC de Ponteareas, que presta o servizo de atención primaria a esta localidade e aos demais concellos da comarca do Condado.

 


Ante as instalacións sanitarias, acompañada dos portavoces do BNG na comarca e de membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado, Cristina Fernández sinalou “a situación sanitaria límite na que o goberno do PP na Xunta ten o centro de saúde ponteareán, cunha alarmante falta de persoal. Hai miles de persoas sen médico ou médica asignada, o que provoca que as persoas usuarias teñan que agardar ata cinco semanas para poder ter unha cita con algún médico de familia, véndose obrigadas en moitos casos a colapsar o servizo de Urxencias”,  lamentou a deputada do Bloque.


O BNG puxo o foco tamén na Unidade de Saúde Mental de Ponteareas, que é a unidade de referencia para 50.000 persoas de toda a comarca. “Nun momento no que unha parte importante da nosa sociedade necesita este recurso, a unidade está sen unha das dúas psiquiatras e continúa cun único psicólogo, o que provoca que as persoas usuarias teñan que agardar ata un ano para seren atendidas”, denuncian.


Coa iniciativa presentada por Fernández, o BNG insta ao goberno a Xunta a “dotar o centro de saúde e o PAC de Ponteareas do persoal facultativo, de enfermaría e persoal non sanitario necesario para substituír as baixas laborais, vacacións e permisos e así prestar unha atención sanitaria digna á poboación de Ponteareas e a comarca”.


Ademais, o Bloque insta ao goberno galego a cubrir as vacantes de persoal en todos os centros de saúde da comarca para garantir unha atención estábel e que se evite a saturación, a sobrecarga das axendas e ter que acudir ao servizo de urxencias por non dispoñer de médico ou pediatra nos centros de saúde dos concellos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.