PONTEAREAS
O concello habilita espazos de aparcamento rápido para os usuarios e usuarias das farmacias
Están instalados nos establecementos da Av. de Galicia, Av. de Castelao e Rúa Redondela
O Concello , a través da Concellería de Tráfico e Seguridade, instalou esta semana zonas de aparcamento prioritario para a recollida de medicamentos nas farmacias da Rúa Redondela, Avenida de Galicia e Avenida de Castelao, facilitando a accesibilidade naqueles puntos onde había maior problemática nesta materia.
A medida chega coa intención de axilizar a adquisición das medicinas, sobre todo naqueles casos que veñen derivados das urxencias. Permítese o estacionamento unicamente nun máximo de 5 minutos, tempo considerado suficiente para o propósito. En ningún caso estará permitido exceder ese período.
As zonas de estacionamento prioritario son perfectamente visibles grazas á súa sinalización mediante liñas verdes no asfalto e sinais de tráfico que as identifican . Neste sentido, o concelleiro encargado da área apunta que “estamos ante un servizo esencial, xa que se mellora a accesibilidade dunha actividade tan importante para todos e todas como é o acceso as famarmacias”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129