Viernes, 12 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 22 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
MONDARIZ-BALNEARIO

A Deputación concede preto de 24.000 euros ao Concello de Mondariz-Balneario

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa máis de 1,7 millóns de euros entre 26 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de preto de 24.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Mondariz-Balneario. Con estes recursos, o Goberno local levará a cabo tarefas de modernización, remodelación e mellora das instalacións deportivas municipais existentes na avenida Enrique Peinador.

 

 

O Concello de Mondariz-Balneario dedicará estes recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas a remodelar e mellorar os vestiarios e aseos das instalacións deportivas municipais existentes na avenida Enrique Peinador. Coa mellora das instalacións poderase contar cun espazo máis moderno, que garante un mellor funcionamento e favorece o seu uso por parte de persoas con mobilidade reducida. Tamén se resolverá a conexión interior e definirá unha nova distribución espacial, accesible e encamiñada a configurar unha imaxe unitaria e coherente, integrada na paisaxe. Ademais, cos recursos da Deputación vaise impulsar un plan de uso e mantemento destas instalacións deportivas.

 

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento máis de 1,7 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para Mondariz-Balneario, para A Cañiza, A Estrada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.