REDONDELA
Terminado o asfaltado dos camiños de Valeiro e Traída en Chapela
A concellaría de Infraestruturas e Sustentabilidade, dirixida por Roberto Villar, rematou os traballos de asfaltado nos camiños de Valeiro e Traída, en Chapela. As obras finalizáronse nun prazo menor ao establecido e reparáronse dez treitos onde se rexistraban buratos. En algúns destes treitos tamén se canalizaron as augas pluviais. As reparacións fixéronse con asfaltado en quente. Trátase dunha metodoloxía de traballo que é máis longa e laboriosa, pero deste xeito "as reparacións son máis efectivas e duradeiras", explica Villar.
Recentemente realizaranse traballos de mellora na Subida das Pedriñas, Subida á Buraca e Quirincosta, entre outros camiños. A concellaría de Infraestruturas e Sustentabilidade tamén reparará os buratos do asfaltado en varios puntos do centro da vila, como a zona de Vilavella, rúas Regojo e Ernestina Otero e a rúa 8 de Marzo, entre outras. Os traballos fanse en colaboración coa Concellaría de limpeza viaria, dirixida por Pedro Villaverde, que se encarga da posta a punto e limpeza dos beiravías. As obras de reparación, se as condicións meteorolóxicas o permiten, estarán rematadas antes de que finalice este mes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60