SALCEDA DE CASELAS
Salceda recibe tres estudantes francesas en intercambio
O Concello de Salceda está a recibir nestes días a tres visitantes moi especiais procedentes de Francia. Trátase de tres alumnas da rexión Grand Est, das cidades de Metz e Nancy, que participan no programa de intercambio educativo EDUMOB, promovido pola Xunta de Galicia. Este programa busca fomentar a interculturalidade a través do coñecemento lingüístico e cultural entre o alumnado desa rexión e Galicia. Marie, Insaf e Rania pasarán este mes en Salceda asistindo a clases no IES Pedras Rubias, ata o vindeiro 28 de abril.
Previamente, durante o mes de febreiro, tres alumnas do IES Pedras Rubias viaxaron a Francia acompañadas da súa mestra para permanecer nas vivendas das estudantes que agora chegan a Galicia.
A incorporación do bacharelato no IES Pedras Rubias trouxo consigo iniciativas tan importantes como esta. É a primeira vez que o IES participa neste programa dirixido ao alumnado de 1º de bacharelato, o cal é valorado moi positivamente polo centro para o desenvolvemento tanto lingüístico como persoal das participantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159