Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 22 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación concede 36.000 euros a Oia para a construción dun "pumptrack"

A actuación será financiada integramente pola Deputación xa que aos 36.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas hai que engadir outra achega de máis de 18.000 € do Plan +Provincia

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de preto de 36.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Oia para o proxecto de construción dun pumptrack na vila. A actuación, que ascende a preto de 54.000 euros, será financiada integramente pola institución provincial xa que a estes recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, hai que engadir outra achega de máis de 18.000 € do Plan + Provincia.

 

 

Cos recursos provinciais o Concello de Oia poderá financiar o proxecto de construción dun pumptrack nas antigas instalacións municipais do campo de fútbol do Cabezo, na parroquia de Mougás, que contará cunha superficie asfaltada de 360 metros cadrados e un trazado apto para todos os usuarios, independentemente da súa idade e experiencia. O proxecto contempla os traballos previos de limpeza do terreo, de instalación de drenaxe e recollida de augas pluviais, de acondicionamento e de deseño e asfaltado do trazado, así como da posta en marcha da sinalización horizontal.

 

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento  1,8 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para Oia, para A Cañiza, A Estrada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, A Lama,  Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.