VIGO
O TSXG ratifica a condena aos comuneiros de Cabral por obras ilegais para facer un aparcamento
A sentenza confirma unha resolución da Aplu que obriga á Comunidad de Montes a repoñer un terreo de 5.400 metros cadrados ao seu estado orixinal
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ratificar a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Vigo que desestimou o recurso interposto pola Comunidade de Montes en Man Común de Santa Mariña de Cabral contra a resolución da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que obrigou a devolver ao seu estado orixinal un terreo de 5.400 metros cadrados no que se fixeran importantes obras de acondicionamento para alugalo como aparcamento.
O fallo, que naceu dunha denuncia interposta pola Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca), volve rexeitar todos os argumentos dos comuneiros, como xa fixera o Xulgado, e imponlles o pago das costas do proceso.
A parcela está situada no contorno da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) e o Ifevi, en Peinador, e nela realizáronse obras de explanación e derribo de noiros para crear unha zona dedicada ao estacionamento de vehículos ao aire libre. A sentenza confirma que se acometeron movementos de terra que alteraron a rasante do terreo sen licenza algunha e incide tamén en que o aparcamento para automóbiles non era unha actividade mercantil que gardara relación directa coa explotación racional de recursos naturais, como esixía a lexislación.
A nova resolución insiste en que a Comunidade de Montes tampouco xustificou as obras cun suposto carácter temporal en función do seu uso, e tamén matiza que esa temporalidade era “incompatible” coa execución dunha obra de explanación da envergadura da que se fixo, nin coa subscrición dun contrato de arrendamento para explotar o parking. Segundo o TSXG, o Xulgado concluíu con acerto que o uso proxectado estaba prohibido.
Ademais, respecto á tramitación por parte dos comuneiros do permiso para realizar a obra ante o Concello de Vigo, a sentenza lembra que non achegaron proxecto de ningún tipo, nin planos detallados, nin se contaba coas medicións exactas. Tampouco constaban as preceptivas autorizacións do órgano competente en materia forestal, nin do Ministerio de Fomento pola área de protección da N-556, nin da autoridade aeroportuaria por estar en zona de servizo do aeroporto de Vigo, nin da Autoridad Nacional de Supervisión Civil.
Respecto á alegación da Comunidade de Montes de que as obras se executaran en realidade no ano 2004 e polo tanto a acción da Aplu tería prescrito, o Tribunal volve concluír que houbo importantes movementos de terra nos anos 2019 e 2020, apoiándose de novo, entre outras probas, nas fotografías e instantáneas aéreas presentadas por Aveeca.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60