Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 23 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán ofrece unha xornada de reforestación ao alumnado de Manchester

O grupo de 70 crianzas plantou 80 árbores coa axuda da Brigada Forestal Municipal e axentes medioambientais de Medio Rural

O Concello de Nigrán ofrececeu unha xornada de reforestación no parque forestal Os Matos-Río Táboas ao alumnado do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e CEIP de Mallón coincidindo coa presencia de 26 estudantes de Manchester en ambos centros educativos. En total, o grupo composto por 70 crianzas e profesorado plantou 80 árbores (cerdeiras, serbal dos cazadores, bidueiras, carballos e pradairos) asesorados pola Brigada Forestal Municipal e dúas brigadas de Medio Rural (de Tebra e Bembrive) xunto a motobomba de Peinador e un axente forestal.

 


O C.P.I. Arquitecto Palacios e o C.E.I.P. Mallón realizan o intercambio con alumnado de 5° e 6° Primaria da escola inglesa ‘RC St. Catherine's Primary School’, do barrio de Didsbury, en Manchester (O CEIP Humberto Juanes tamén mantén intercambio con Manchester desde hai 19 anos, pero con diferentes centro educativo). Neste caso, dende 2008 e 2013 respectivamente viaxaron máis de 500 estudantes e recibiron a preto de 1.000. Este ano viñeron 26 nenos e nenas de quinto de Primaria cos seus respectivos adultos e 4 profesores para pasar unha semana que remata mañá, 23 de abril, cunha despedida no Auditorio Municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.