VIGO
ABANCA e ARVI abordan os desafíos actuais do sector pesqueiro cun novo acordo de colaboración
O convenio ofrece distintas alternativas de crédito co obxectivo de axudar a acometer algunhas das transformacións clave que está a asumir o sector, como a execución de investimentos sostibles, a renovación da frota, a descarbonización ou o relevo xeracional
ABANCA e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) acaban de asinar un novo acordo de colaboración que busca dar resposta ás demandas dun sector imprescindible para a economía da comarca de Vigo e do conxunto de Galicia. O convenio, que conta con diferentes opcións de crédito, permite aos armadores facer fronte aos retos da súa actividade diaria e mellorar aspectos esenciais para o seu futuro. A entidade financeira renova así a súa histórica alianza con esta agrupación que, nos seus 60 anos de vida, converteuse nunha referencia mundial, cunha frota asociada que abarca unha importante variedade de artes de pesca e que está presente nos principais caladoiros do planeta, poñendo no mercado productos pesqueiros de moi alta calidade nutricional, asegurando un suministro estable a cadea alimentaria, ademais de contribuír ao emprego nas zonas costeiras e ao mantenemento da cadea mar-industria.
O novo acordo foi rubricado esta mañá na cidade olívica polo director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e o presidente de ARVI, Javier Touza. Durante o encontro —ao que tamén acudiu o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e no que tamén estivo presente o director xerente de ARVI, Edelmiro Ulloa — os representantes de ambas entidades acordaron manter unha comunicación fluída para abordar temas de interese para o sector, como o apoio de ABANCA ás empresas no anunciado PERTE Mar-Industria, e outros aspectos clave como a renovación da frota, a descarbonización ou o relevo xeracional.
No documento recopílase un completo catálogo de financiamento con liñas e solucións de crédito pensadas especificamente para dar resposta varios deses retos do sector. Destacan produtos como a hipoteca naval, deseñada para a construción, compra ou reparación de embarcacións, que permitirá aos profesionais contar con barcos máis modernos, eficientes e respectuosos co medio ambiente, pero que tamén ofrezan mellores condicións de habitabilidade a bordo.
Do mesmo xeito, o convenio promove ademais, outros produtos específicos para realizar investimentos sostibles e de mellora da eficiencia enerxética, así como opcións flexibles a medida do sector para financiar, da forma máis eficaz, as necesidades de liquidez das empresas ou para anticipar axudas públicas ou o pago de impostos.
Outro dos puntos relevantes do acordo é a posibilidade de acceso aos plans de financiamento postos en marcha polas SGR nacionais e o acceso ás vantaxes que ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.
ABANCA mantén unha forte aposta estratéxica pola cadea de valor do mar, que canaliza a través da súa unidade de negocio especializada, ABANCA Mar. Conta cun amplo catálogo de produtos e servizos deseñados para responder ás demandas deste colectivo e ofrece solucións personalizadas a problemáticas puntuais do sector. Desde os seus inicios, a entidade financeira mantén en vigor convenios de colaboración con diversas entidades relacionadas co mar, entre as que destacan as principais organizacións de armadores, confrarías, produtores ou vendedores de Galicia.
Por outra banda, é ademais destacable que ABANCA, ven contribuíndo como patrocinador histórico a celebración do FESTIVAL ARVI DO PEIXE, Vigo SeaFest, que este ano celebra a súa V edición entre o 11 e o 14 de xulio, nos xardins de Elduayen de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60