PONTEAREAS
O concello pon en marcha o concurso de almorzos ‘Sabor do Tea’
Co obxectivo de dinamizar a hostalería local
O Concello inicia o concurso gastronómico “Almorzos Sabor do Tea” o próximo sábado 26, un certame no que participarán ata dez establecementos hostaleiros da vila: Papelón con limón, Cafetería Cortiñas, Cafetería El Arca, El Regreso Café Brunch, Café Bar Romi, Cafetería Goya, Cafetería D’ Peyo, Café D’ Canela, Vinoteca A Tenda e Chiquitita Café. No acto de presentación, que tivo lugar no Salón de Plenos, participaron a a alcaldesa, Nava Castro, o concelleiro de Comercio, Ricardo González, así como os hostaleiros e as hostaleiras participantes.
Este evento, cuxo obxectivo é dinamizar o sector, conta con dous xurados. Por unha banda, o formado por profesionais premiará ao almorzo máis orixinal (cun primeiro, segundo e terceiro posto), ao mellor servizo que reciba os clientes e as clientas e ao almorzo máis saudable. Pola súa banda, as persoas que se acheguen a desfrutar das propostas votarán a súa favorita mediante os “me gusta” nas imaxes que estarán dispoñibles no perfil oficial do Facebook do Concello.
En canto ao premio do almorzo máis saudable, o xurado valorará a súa calidade nutricional do almorzo, puntuando positivamente aqueles que conteñan cereais e froitas de temporada e proximidade. Tamén será importante a procedencia dos produtos e a cantidade de azucres engadidos que inclúan. Con esta categoría búscase romper a asociación de que o saudable é aburrido.
En todo caso, o almorzo gañador do conxunto do concurso será o que determine o xurado profesional.
Ademais, as persoas que participen degustando os almorzos recibirá nos locais un pasaporte persoal co que entrará nun sorteo con diferentes premios.
Os almorzos serviranse os sábados e os domingos en horario de 7:30 a 12:00 horas e os festivos 1 e 17 de maio así como o 3 de xuño na mesma franxa horaria.
O concelleiro de Comercio, Ricardo González, apuntou que “ se trata dunha aposta do Concello por incorporar accións que melloren a nosa calidade de vida como é o caso de valorar por almorzos que inclúan ingredientes saudables mentres demostramos que iso non ten por que ser nin aburrido nin menos saboroso. Á vez, contribuímos á dinamización da nosa vila” e agradeceu a implicación dos hostaleiros e hostaleiras que participan no certame.
Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, indicou que “xuntamos nunha iniciativa a aposta pola gastronomía, o incentivo da nosa hostalería e a posta en práctica dunha boa alimentación. Será ocasión de, ademais, fomentar a interacción social entre aquelas persoas que se acheguen aos 10 establecementos que participan nesta primeira edición de Almorzos do Tea”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129