Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

A mellora da estrada Mos-Puxeiros á altura de Dornelas acometerase de xeito inminente

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e a edil da parroquia de Dornelas, Sara Cebreiro, reuníronse sobre esta vía provincial no Concello de Mos coa deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, María Isabel Couselo Torres, e informaron de que o proxecto atópase moi avanzado

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e a edil da parroquia de Dornelas, Sara Cebreiro, reuníronse no Concello de Mos coa deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, María Isabel Couselo Torres, para abordar diferentes temas e proxectos de interese para o municipio.

 

 

Entre eles atópanse a mellora da Estrada Provincial Puxeiros-Mos en xeral e o tramo que transcorre por Dornelas en particular, a estrada Puxeiros-Peinador e a zona do Alto de Puxeiros nun tramo pertencente á estrada Mos-Puxeiros. A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visitou o Concello de Mos para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila.


 
Entre outras cuestións, a deputada analizou coa rexedora local o proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros

 

Deputada e goberno local celebraron esta xuntanza para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila. Entre outras cuestións, os dirixentes afondaron no proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros.

 

A actuación en Dornelas, tal e como remarcou a deputada, trátase dunha obra que se vai acometer de “xeito inminente”. O proxecto atópase moi avanzado, segundo informou Couselo.

 

Nestes momentos, o Concello de Mos está a ultimar termos relacionados cos terreos, e neste senso a alcaldesa Nidia Arévalo, declarou que “hai moitos anos que a estrada Puxeiros-Mos é unha das máximas prioridades para a administración local mosense. Fai dous meses que nos reunimos sobre ela e, máis concretamente sobre o tramo que transcorre por esta parroquia, coa veciñanza de Dornelas; e imos reunirnos de novo agora o vindeiro día 29 de abril co proxecto xa na man”.

 

“Desde o pasado novembro en que me reunín co novo presidente da Deputación, Luis López, sobre este e outros temas”, continuou Arévalo, “e lle trasladei a miña preocupación coa obra e co proxecto, levamos avanzado moito. Xa en novembro a deputada Isabel Couselo achegouse ao Concello para abordar este tema e en xaneiro puidemos reunirnos con Dornelas. O proxecto avanza a bo ritmo e esperamos que poida facerse realizade canto antes, dando resposta ás necesidades e demandas dos veciños”.  

 

Ademais da EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, a deputada provincial e a alcaldesa de Mos analizaron outros dous proxectos que se van acometer en dúas estradas provinciais ao seu paso pola localidade: a reparación de beirarrúas nun tramo de 600 metros da EP-2603 Puxeiros-Peinador e a mellora da mobilidade peonil nun tramo de 200 metros da EP-2601 Mos-Puxeiros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.