Xornal21.es
Jueves, 25 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
VIGO
Máis de 50 aprendices de violín folk viven un encontro musical e cultural entre Castela e Galicia
A Asociación Cultural Galicia Fiddle, que leva máis dunha década promovendo o uso alternativo dos instrumentos de corda e a difusión do fiddle (violín folk) na música popular galega, acolleu esta fin de semana pasada na Casa dos Músicos de Xustáns (Pontecaldelas) un encontro interxeracional para aprender e gozar da música folk e tradicional entre Castela e Galicia chamado "Mar & Meseta".
Coorganizado coa asociación homóloga da comunidade autónoma veciña Castilla Fiddle, o encontro permitiu a máis de 50 aprendices de violín folk de todas as idades -aínda que tamén algún de zanfona, requinta ou oboe-, tanto de Castela como de Galicia, crear espazos para a creatividade e enriquecemento musical e cultural, combinando actividades musicais de formación con outras de lecer e tempo libre.
Cun profesorado de excepción -entre os que destacan María San Miguel, Blanca Altable, Begoña Riobó, Anxo Pintos ou Galen Fraser- o alumnado do curso gozou de varias clases de instrumento nas que aprenderon temas que poder tocar en común, como a "Muiñeira da Ponte Bora" ou a "Jota de Los Toritos", identificando e comparando as diferenzas e similitudes entre os estilos tradicionais castelán e galego.
Ademais disto, o curso complementouse con actividades para os máis pequenos como obradoiros de música de panadeiras coas mans na cociña, ou una masterclass de improvisación con Galen Fraser, así como unha espectacular cea concerto con gastronomía tradicional castelá a noite do sábado que estivo aberta ao público xeral.
Como guinda final, os participantes no curso divertíronse tocando a tarde do luns a bordo do barco de liña regular metropolitana entre Vigo e Cangas, coa colaboración da Navieira Mar de Ons, e puideron coñecer de primeira man asinstalacións da ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo), institución senlleira sita no centro da cidade olívica que é unha referencia educativa polo seu carácter único e anovador en todo o país.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60