Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 28 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Isabel Couselo, visita o Concello de Mos para analizar a situación das estradas provinciais

Entre outras cuestións, a deputada analizou coa alcaldesa da vila, Nidia Arévalo, o proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de reunirse en Mos coa súa alcaldesa, Nidia Arévalo, e membros da Corporación Local para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila. Entre outras cuestións, as dirixentes afondaron no proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, no que a institución provincial investirá máis dun millón de euros.

 

 

A actuación en Dornelas, tal e como remarcou a deputada, trátase dunha obra que se vai acometer de “xeito inminente”. O proxecto atópase moi avanzado, segundo informou Couselo, e, nestes momentos, o Concello de Mos está a ultimar termos relacionados cos terreos.

 

Ademais da EP-2601 Mos-Puxeiros, á altura de Dornelas, a deputada provincial e a alcaldesa de Mos analizaron outros dous proxectos que se van acometer en dúas estradas provinciais ao seu paso pola localidade: a reparación de beirarrúas nun tramo de 600 metros da EP-2603 Puxeiros-Peinador e a mellora da mobilidade peonil nun tramo de 200 metros da EP-2601 Mos-Puxeiros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.