Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Obra Pública merca una máquina de pintado para estradas

A máquina de sinalización viaria foi adquirida pola concellería de Obra Pública e leva xa unha semana traballando "a pleno rendemento"

A concellería de Obra Pública do Concello de Mos que dirixe o tamén tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, vén de adquirir maquinaria para o pintado de sinalización horizontal en camiños e estradas do municipio.

 

 

A máquina ya foi recepcionada pola administración local mosense e está estes días a traballar a pleno rendemento realizando servizos de conservación e mantemento da sinalización horizontal do termo municipal de Mos, co fin de aumentar a seguridade e comodidade da circulación, mediante a realización de sinais viais no pavimento asfáltico dos distintos camiños e estradas. Durante a última semana xa se interviu coa nova maquinaria en diversas localizacións, entre elas no Polígono Empresarial PEMOS Veigadaña e as súas inmediacións, o barrio do Piñeiro na contorna da Igrexa de Sanguiñeda e a Avenida de Sanguiñeda.

 

Para a súa adquisición o Concello de Mos investiu 4.107,95 euros de fondos propios.


O concello de Mos posúe unha superficie de 52,00 Km2 e dispón nestes momentos unha rede viaria asfaltada que supera os 500,00 km. Esta rede de camiños e estradas é empregada a diario polos mosenses no seu desprazamento entre as distintas parroquias e aos concellos lindeiros, por elo deben atoparse en óptimo estado de visibilidade os sinais horizontais, para garantir deste xeito a máxima seguridade viaria.

 

Para elo era necesaria a adquisición dunha máquina para a sinalización viaria dos camiños e estradas de Mos. Coa mesma estanse a realizar, como xa se dixo, servizos de conservación e mantemento da sinalización horizontal do termo municipal de Mos, co fin de aumentar a seguridade e comodidade da circulación, mediante a realización de sinais viais no pavimento asfáltico dos distintos camiños e estradas.

 

A maquinaria adquirida trátase dun equipo de sinalización viaria marca Wagner, modelo GEA4200FM.

 

É unha máquina de sinalización viaria que pulveriza a pintura sen necesidade de aire comprimido (airless) na membrana. O dispositivo é utilizable para marcar prazas de aparcamento, sinais horizontais e delimitación de carrís en camiños e estradas. Está equipada cunha roda dianteira regulable en 5 posicións diferentes, e permite trazar liñas dereitas ou con dúas medidas de radio diferentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.