Viernes, 13 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 12 de Marzo de 2026 a las 21:45:19 horas

Xornal21.es
Domingo, 28 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

17 novas incorporacións reforzan o persoal municipal no Porriño

O Concello do Porriño incorporou nesta semana a 17 traballadoras/es que reforzarán equipos en diferentes servizos municipais.

 

 

O Departamento de Vías e Obras conta desde esta semana con cinco incorporacións: un oficial 1ª de carpintería, un oficial 1ª de soldadura, un oficial 1ª de albanelería e dous peóns de obra pública. Pola súa banda, o Departamento de parques, xardíns e limpeza conta con seis novos peóns forestais. E para departamentos e instalacións municipais contase con tres conserxes, unha publicista e un analista de xestión e organización ou estatística.

 

Todas estas contratacións supuxeron unha inversión de 292.000 euros, dos cales 211.000 foron a cargo do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra e 81.000 euros de aportación municipal.   

 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, déronlle hoxe a benvida ao seu novo posto de traballo.

 

Ambos representantes municipais destacaron a oportunidade que estas incorporacións supoñen para activar o emprego e tamén para poder dar un mellor servizo á veciñanza.  “O voso traballo é moi necesario e estamos encantados de que formedes parte do noso equipo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.88

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.