SALVATERRA DE MIÑO
O Museo do Viño acollerá no mes de maio unha exposición do artesán Constante González
Constante González é un artesán da madeira que traballa co torno creando pezas únicas e moi laboriosas.
Constante é de San Roque na parroquia de Cabreira en Salvaterra de Miño. Un home que xa dende pequeno tiña unha vea artística por explotar e que aprende o oficio da carpintaría grazas ao seu pai, oficio ao que se dedicou durante toda a súa vida profesional. Unha vez xubilado no ano 2008, e contando xa co tempo necesario, comeza a desenvolver o seu don e a súa paixón elaborando e traballando a madeira dun xeito espectacular utilizando unha técnica, a do torno, pouco vista e moi chamativa.
As pezas que crea son dunha beleza incríble e agora chegan ó Museo da Ciencia do Viño do Condado en Salvaterra de Miño co fin de que todo o mundo poida contemplar o seu valor. Constante conta no seu taller con máis de duascentas pezas únicas e aquí só teremos unha pequena mostra que esperamos sexa do agrado de todos os visitantes que poderán visitar a exposición durante o mes de maio no horario do Museo: de mércores a domingo e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129