GALICIA
A Xunta insta ao goberno a rectificar e incluír Galicia no proxecto Viena da Sareb
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, demandou esta semana no Parlamento claridade, transparencia e equidade ao Executivo estatal
A Xunta insta ao Goberno de España a rectificar e a incluír Galicia no Proxecto Viena que, a través da Sociedade de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria, a Sareb, e con colaboración público-privada, promove a construción de vivendas sociais.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, amosou no Parlamento de Galicia a determinación do Goberno galego de seguir reclamando por todos os medios posibles ao Goberno central un cambio de criterio, tras ser excluída a comunidade galega do Proxecto Viena, encamiñado a promover, nunha primeira fase, a construción de 3.500 vivendas de alugueiro a un prezo accesible.
Na súa intervención, Martínez Allegue afirmou que a Xunta non cederá no empeño e seguirá insistindo ante o Goberno central para que Galicia sexa incluída neste programa.
Detallou que a semana pasada o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo remitiu unha nova carta demandando ao Goberno de España que Galicia sexa incluída no Proxecto Viena para a construción de vivendas destinadas a alugueiro, a través da colaboración público-privada. Nese escrito a Xunta reclama información oficial e detallada en relación ao número de vivendas previstas e sobre o prazo para poñelas en marcha.
A responsable do departamento de Vivenda incidiu nas peticións constantes realizadas polo Goberno galego para que o Goberno de España actúe con claridade, con transparencia e con equidade ao respecto deste programa.
Cualificou de “incomprensible” que unha sociedade con capital público como é a Sareb exclúa dun programa para favorecer o acceso ás vivendas en alugueiro a Galicia sen dar ningún tipo de explicación para ese rexeitamento.
Martínez Allegue tamén se amosou crítica coa pouca información oficial e a nula explicación do Goberno central, que foi mudando e reducindo o número das teóricas vivendas da Sareb dispoñibles en toda España, das cales 14.000 están ocupadas de forma irregular e 15.000 directamente non existen, porque son vivendas que os promotores privados teñen que construír en parcelas cedidas pola propia Sareb.
Para a conselleira é imprescindible que o Goberno de España sexa transparente, ofreza información, predique co exemplo e cumpra o prometido, toda vez que esas 50.000 vivendas da Sareb diseminadas por toda España que se dixo ían poñer a disposición das comunidades a día de hoxe “non son máis ca fume”.
Martínez Allegue incidiu na petición de que a Sareb, de xeito gratuíto, ceda vivendas ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para integralas no parque público de inmobles propiedade da Xunta e poder así destinalas a alugueiro social.
Remarcou que as vivendas que se ofrezan deben estar emprazadas en concellos onde exista demanda de vivenda de alugueiro, e que estean en condicións de ser habitadas e, por suposto, que dispoñan da licenza de primeira ocupación.
Martínez Allegue pediulle ao Goberno central que deixe de utilizar en beneficio propio un asunto tan sensible como é a falta de vivenda ou as dificultades de acceso a ela de amplos sectores da poboación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60