Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Jueves, 25 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Queixas de 15 alcaldes e alcaldesas do PSOE por non ser recibidos na Deputación

Ana Laura Iglesias denuncia “a indignación das asociacións ás que o goberno de Luís López carga agora co morto de tramitar o programa “+ Convivencia”, outra mostra máis da vagancia imperante na actual Deputación”

“Hipocrisía, cinismo e, no mellor dos casos, outro flagrante incumprimento dos seus propios compromisos”. Así definiu Ana Laura Iglesias, portavoz na Deputación do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE, “que despois de 9 meses de lexislatura o Goberno do PP siga sen recibir a 15 alcaldes e alcaldesas da provincia, todos socialistas por suposto, que remitiron as súas solicitudes para ter unha reunión na Deputación de Pontevedra”.

 


En rolda de prensa, Ana Laura Iglesias, acompañada da viceportavoz e alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, avanzou que levarán “o desprezo do goberno a estes concellos ao pleno do venres e denunciou “este novo alarde de deslealdade institucional, que non só se fai por criterios partidistas ás alcaldías do PSOE senón a toda a veciñanza ”. “Que non esquezan, dixo, que o PSOE goberna a 500.000 habitantes desta provincia mentres o PP goberna a 200.000”  A portavoz  detallou que “en moitos casos téñense remitido escritos ata en dúas e tres ocasións sen que, por enriba, estes alcaldes e alcaldesas tiveran a máis mínima resposta aínda que fose simplemente por educación, cousa que tampouco teñen”.


Iglesias lamentou “esta nova anomalía democrática do actual goberno amais da constatación dos  incumprimentos do presidente. A portavoz lembrou frases literais de López cando repetía que “sería un aliado dos concellos sen cores políticos, que estaba demostrando que non facía diferencias ou incluso o colmo de prometer que visitaría os 61 concellos nos primeiros 6 meses no cargo. Pois pasaron 9 meses e seguen esperando”, sinalou.


A portavoz socialista engadiu que esta deslealdade institucional do goberno provincial se aplica a todos os niveis, relatando tamén como coa actual Deputación os alcaldes e alcaldesas que non son do PP non son avisados cando o presidente ou integrantes do goberno visitan os seus concellos. “É lamentable, asegurou Iglesias, e non ten precedente. Co goberno de progreso non había curso, premios ou acto nun concello, que supuxera a visita da presidenta ou deputados/as, sen que desde Presidencia avisaran con antelación a esa alcaldía”. Ana Laura Iglesias engadeu que “o mesmo está a ocorrer coa sonroxante apropiación de proxectos do anterior goberno que está a facer o equipo de Luís López”. A portavoz detallou visitas a estradas “que xa estaban en obras con nós, como en As Neves ou Cuntis, facéndoas pasar como proxectos do actual goberno, ou presumindo de todas as actuacións do Plan Pon2030. É patético escoitalos”


O despropósito de “+ Convivencia”
Na rolda de prensa, a portavoz do PSdeG-PSOE denunciou tamén “o escándalo que está a ocorrer con “+ Convivencia”, o programa do anterior goberno “En Ruta coa Depo” co que en 8 anos levamos a mais de 100.000 persoas a coñecer a provincia, 20.000 prazas por ano”. Ana Laura Iglesias revelou que “só se pode entender a manobra da actual Deputación, cargando ás asociacións da provincia con toda a complexa tramitación do programa, como un exemplo de vagancia imperante neste goberno cando antes o único do que tiñan que preocuparse os colectivos era de escoller unha ruta, pasar o listado de persoas para cada excursión e desfrutar”.


“Agora, revelou a portavoz socialista, teñen que tramitalo todo: facer unha memoria, xestionar medios de transporte, guías turísticos oficiais, restaurantes, seguros e asumir calquera responsabilidade. É inaudito que asociacións, que na maioría son de persoas maiores, xubiladas e sen moitos recursos, tiñan que facer case un máster para poder enfrontar o programa e que o presidente, por enriba, presuma de que lles dan 1000 euros para elo”. A deputada lamentou tamén o “brutal tixeretazo ao programa pasando dos 470.000 euros que destinaba o anterior goberno aos 220.000 actuais” e revelou que “moitos colectivos xa decidiron non participar trasladando a súa indignación e malestar por semellante cambio. Teñen que cobrar ata 20 euros a cada participante para poder cubrir os gastos cando antes pagaban 7 e asumir toda unha serie de obrigas inviables para a maioría das asociacións”. “Iso teno que facer a Deputación que para iso está. Claro que é moitísimo traballo, sabémolo ben porque nós o facíamos, eles escollen descansar e que todo o traballo o asuman os colectivos”.


Dúas mocións socialistas para o pleno do venres
O grupo provincial socialista presentará no pleno do próximo venres dúas mocións de infraestruturas para falar das estradas autonómicas e provinciais. Respecto á rede viaria que depende da Xunta, o PSdeG-PSOE instará ao pleno da Deputación a esixir ao goberno de Rueda un plan integral de mellora do firme e a adopción de medidas de seguridade nas estradas autonómicas que se sitúan á cabeza da sinistralidade na provincia. Tamén que se reclame á Consellería que rematen as diferencias partidistas no tratamento das estradas en función da cor política dos concellos polos que discorren. De feito, Ana Laura Iglesias denunciou que “se está dando o caso de treitos da mesma estrada en bo estado cando pasa por un concello gobernado polo PP e nunha situación lamentable en treitos que discorren por concellos que non gobernan”.


En canto á rede provincial que xestiona a Deputación, o grupo socialista esixe ao goberno de López que retome os proxectos de mellora das vías provinciais que deixou en marcha o anterior executivo e que presenten no prazo de tres meses a planificación das actuacións a desenvolver, especialmente nos núcleos rurais e urbanos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.