MUNDO EMPRESA
Margarita Ardao toma posesión como directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Margarita Ardao Rodríguez tomou posesión nesta semana como directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, nova dirección xeral dependente da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria.
Margarita Ardao era ata o de agora directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego. Nada en 1976 en Narón (A Coruña), é enxeñeira industrial na especialidade enerxética pola Escola Politécnica Superior de Ferrol, e posúe o diploma de directiva no ámbito da Administración autonómica de Galicia.
A súa traxectoria profesional está ligada á Administración autonómica, na que desempeñou entre 2004 e 2017 diversos postos na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Desde 2017 desenvolveu o seu traballo na Axencia Galega de Innovación (Gain) ata maio de 2022, cando foi nomeada directora xeral na antiga consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188