Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 25 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Xa se atopan traballando os 11 novos operarios que reforzan o servizo de limpeza viaria en Mos

O Concello contratou a unha empresa e traballadores de reforzo grazas a unha axuda provincial de máis de 270.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a edil de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, o de Persoal, Leo Costas, e o concelleiro de Servizos Públicos e Limpeza Viaria, Baldomero Lorenzo, déronlles a benvida no Concello aos novos traballadores que xa están a facer labores de limpeza viaria e que foron contratados polo Concello de Mos grazas á concesión de sendas subvencións do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, mediante as que a administración provincial apoia ao Concello con 272.000 euros para levar a cabo durante o presente ano o servizo de limpeza viaria e desbroce de cunetas.

 

 

As axudas corresponden á liña 2 do devandito plan, que destina 90.000,01 euros ao financiamento de “Servizo de desbroce, limpeza de cunetas e marxes de camiños municipais en Mos” mediante a que se contratou a unha empresa que destina 3 traballadores ao servizo: 2 operarios e 1 condutor. E á liña 3 que destina 182.003,28 € á contratación de 12 operarios, 8 dos cales son peóns forestais adicados a labores de limpeza viaria e desbroce.

 

[Img #88309]

 

A liña 2 está destinada a financiar o gasto corrente da prestación dos servizos que se estimen necesarios para desenvolver prestacións e obras puntuais que non teñan a consideración de investimentos. A liña 3 está destinada á activación do emprego mediante a contratación de persoas desempregadas para realizar obras e servizos de interese xeral e social de competencia municipal e xestionados mediante a concesión de subvencións aos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes.

 

A contratación de traballadores que o Concello de Mos realizou grazas á liña 3 do Plan +Provincia ascende a un total de 12 persoas: 8 peóns forestais, 3 peóns de construción e 1 oficial 2ª albanel a xornada completa durante 8 meses que supoñen 185.763,32 € de orzamento total; dos cales 3.760,04 € son de achega municipal e 182.003,28 € de subvención provincial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.