Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 28 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os comerciantes do Porriño celebran con premios o Día da Nai

Ata o vindeiro 5 de maio lanzan unha divertida acción para que a veciñanza participe e entre no sorteo de varias tarxetas regalo

Os comeciantes do Porriño adiantan as celebracións do Día da Nai cunha divertida acción para que a veciñanza participe e entre no sorteo de varias tarxetas regalo.

 

 

Ata o vindeiro 5 de maio haberá instalados tres photocalls en horario comercial na praza do arquitecto Antonio Palacios, e nas rúas Antonio Palacios e San Benito. As persoas que queiran participar no sorteo de tres tarxetas regalo de 50 euros para gastar nos comercios locais asociados, terán que sacarse unha foto no photocall e subila os seus perfís de Facebook ou Instagram e etiquetar a CCA Morea. O sorteo realizarase o 8 de maio.  

 

Noelia Conde, xerente de ACIPOR, salienta que “dada a gran acollida da campaña similar para o Día do Pai, queríamos repetir e darlle agora o protagonismo as nais no seu día. Unha campaña na que poda participar todo o mundo e sexa divertido para os cativos e cativas, que son unha parte moi importante da clientela dos comercios do Porriño”. Noelia anima á participación recordando que “non hai límite de fotos por persoa, cantas máis fotos subidas, máis opcións hai de gañar!”.

 

Un convite ao que se sumaron o alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Comercio, Rosa Isabel Alonso, agradecendo ademais a Acipor as súas iniciativas de dinaminación do comercio local.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.