Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 29 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos

O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos ao servizo

A Deputación de Pontevedra comezou esta semana nas instalacións do CAAN (Centro de Recollida e Protección Animal) en Armenteira co servizo de esterilización de gatos procedentes de colonias felinas legalmente establecidas. En concreto, o primeiro concello en facer uso deste servizo foi Mos, que decidiu iniciar o proceso de castración e solta destes animais con oito felinos, 7 femias e 1 macho.

 

 

Nas vindeiras semanas o persoal do CAAN estará a disposición dos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos a este servizo para axudarlles no cumprimento da Lei vixente na actualidade, que determina que están obrigados a xestionar as colonias felinas, identificando, esterilizando, vacinando e desparasitando os animais que as integran. As solicitudes atenderanse por estrita orde de entrada e desenvolveranse os luns, martes e mércores de cada semana. En concreto, a vindeira semana será a quenda de Redondela, que, por razóns operatividade, poderá levar ata un máximo de dez felinos.

 

Os concellos interesados deberán achegar a solicitude de esterilización de gatos recollidos nas colonias felinas, así como unha memoria na que se especifique, entre outras cuestións, o número de colonias no seu termo municipal e os animais presentes en cada unha delas. Ademais, deberán recoller os animais nun prazo máximo de 36 horas dende a súa chegada ao CAAN e, xunto aos felinos, entregaráselles un certificado de esterilización no que se indicarán as intervencións realizadas, os coidados e tratamentos a ter en conta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.