MONDARIZ
Iniciadas as obras de mellora do firme na estrada PO-254 nos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario
Os traballos previstos neste contrato contan cun prazo de execución de 4 meses
A Xunta vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada autonómica PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario, que suporán un investimento de máis de 1,4 M€.
Os traballos previstos neste contrato contan cun prazo de execución de 4 meses.As intervencións comprenderán a mellora e acondicionamento do pavimento nesta vía, no seu percorrido por estes tres municipios da comarca do Condado.
Trátase da rehabilitación superficial do firme da vía mediante o fresado e a súa reposición, completando os traballos co repintado da sinalización horizontal.
O Goberno galego continúa traballando na conservación das estradas de titularidade autonómica co fin de reforzar a seguridade viaria.
De feito, a Xunta leva licitados traballos de mellora do firme das estradas autonómicas para executar neste ano 2024 por importe de máis de 23 M€, deles preto de 5,5 M€ correspóndense con actuacións en vías autonómicas da provincia de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188