Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 29 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
DEPORTES

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas celebrarase esta fin de semana

Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Deportes mosense, Feli Rodríguez, asistiron este mediodía á presentación no Concello do Porriño da VIII CHALLENGE AS RIAS BAIXAS na que tamén estiveron presentes Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, Juan González, alcalde de Nigrán e Luisa Sánchez, Vicepresidenta 2ª da Deputación de Pontevedra e deputada provincial de Deportes.

 

 

A Challenge As Rías Baixas 2024, organizada polo Club Master Louriña, disputarase a vindeira fin de semana, os días 4 e 5 de maio.

 

A primeira etapa, que se celebrará o sábado 4 de maio, será a correspondente ao “GRAN PREMIO DE MOS” (con saída do Pazo de Mos ás 10.30h e final de carreira para todas as categorías tamén no Pazo de Mos). Trátase dunha etapa en línea de 6km neutralizada + 79 de carreira, desnivel acumulado 800M e puntuable para a Copa Galicia.

 

2º ETAPA “GRAN PREMIO CONCELLO DE PONTEAREAS”, contrarreloxo de 5km, desnivel acumulado 40M. E 3º ETAPA “GRAN PREMIO DO PORRIÑO”, etapa en línea de 14.4km de neutralizado + 85 km de carreira, 973m de desnivel acumulado.

 

As categorías da 8ª Challenge As Rías Baixas serán M30, M40, M50, M60 e xuvenís coas seguintes CLASIFICACIÓNS XERAIS E MAILLOTS:

1º líder absoluto Amarelo

2º M30 Azul

3º M40 Vermello

4º M50 Negro

5º Premio Montaña Lunares Vermello

6º Metas Volantes Lunares Azuis

7º Sprint Especial Lunares Violetas

8º líder xuvenís Verde

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.