GALICIA
A nova oficina de coordinación económica traballará na posta en marcha de proxectos estratéxicos en Galicia
O presidente da Xunta asiste á toma de posesión de Juan Carlos Reboredo Nogueira como secretario xeral deste organismo
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou hoxe o importante papel da nova Oficina de Coordinación Económica, dependente da Presidencia, á hora de promover a posta en marcha de iniciativas empresariais estratéxicas para a comunidade.
“Creo que estamos maduros para crear este novo órgano porque isto significa que temos proxectos importantes enriba da mesa que necesitan ser coordinados”, indicou durante a toma de posesión de Juan Carlos Reboredo Nogueira como secretario xeral deste organismo. Rueda resaltou que é un profesional coa “experiencia” precisa no sector para poñerse ao fronte desta Oficina. Unha entidade desde a que se “avaliarán e coordinarán” diferentes proxectos industriais, pero tamén “se realizarán propostas para orientar as accións de Goberno cara certas metas ou obxectivos”, indicou Rueda.
Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago é catedrático de Análise Económico nesta institución académica. Gran parte da súa carreira profesional estivo centrada na investigación sobre mercados financeiros e enerxéticos; a análise de riscos financeiros e o impacto do cambio climático nos mercados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129