Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 03 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Francisco Castro en concerto en Mos para celebrar as Letras Galegas

Acompañado da Banda dos Borges, músicos de gran traxectoria e recoñecemento, ofrecerá un repertorio de cancións en galego da súa autoría, fusión musical entre o rock, o pop, e o funkie de ritmos pegadizos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, e o deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural e Cultura, Jorge Cubela López, acompañaron ao propio cantautor, Francisco Castro, no concerto que este dará co seu grupo, a Banda dos Borges, para celebrar o Día das Letras Galegas en Mos.


O concerto, promovido e organizado polo Concello de Mos grazas ao apoio económico da Deputación de Pontevedra terá lugar o 17 de maio ás 22.00h no Pazo de Mos con entrada libre e gratuíta.


Mos conmemorará deste xeito as Letras Galegas 2024, adicadas á autora Luísa Villalta, cun concerto de Francisco Castro e a Banda dos Borges no que presentarán o seu 1º disco titulado Agora é o Tempo.

 

Ofrecerán un repertorio de cancións en galego autoría de Francisco Castro. Cunha fusión musical entre o rock, o pop, e o funkie de ritmos pegadizos.

 

Trátase dunha banda de músicos de gran traxectoria e recoñecemento con Francisco Castro á cabeza (Voz/ Guitarra). Completan o elenco Federico Welicki ao Baixo, Verónica Santalices e Erika Welicki Santalices nos Coros, Paulo Da Lima Silva na Batería, Daniel Figueroa Troncoso á Guitarra, Víctor Vega Pérez tamén Guitarra e René Zerpa aos Teclados.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.