TURISMO
Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o foco nos residentes e na sustentabilidade
O director de Turismo de Galicia asiste á primeira das oito mesas con expertos que se celebrarán este mes con máis de 100 profesionais para ultimar a elaboración do Plan
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu á primeira das oito mesas con expertos que se van celebrar este mes de maio coa participación de máis de 100 profesionais para ultimar a elaboración da futura Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030. Acompañado pola directora xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, Xosé Merelles salientou a carácter “dialogado e participativo” que está a ter todo o proceso de elaboración desta folla de ruta e avanzou que porá o foco na sustentabilidade integral, tanto medioambiental, como económica, sociocultural, en especial sobre a relación entre turistas e residentes.
“Queremos consolidar os bos resultados turísticos e adaptarnos a todas as realidades buscando manter a boa convivencia e incrementar progresivamente o grao de satisfacción entre a sociedade galega”, expresou o director de Turismo de Galicia. Neste sentido, indicou que se pretende reeditar os resultados da última Enquisa de Residentes referida ao ano pasado que revela que entre o 85 e 90% dos galegos valora positivamente a actividade turística do seu municipio. Segundo esta sondaxe anual elaborada pola Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia, a valoración global sobre o turismo mantense positiva. A puntuación é dun 8,2 entre as persoas con relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 entre o resto da poboación.
“Son datos que nos animan a seguir planificando con previsión, da man desta nova Estratexia que estamos elaborando, para seguir tendo un modelo turístico sustentable que reparta territorialmente os beneficios do turismo”, indicou. Xosé Merelles agradeceu a colaboración do Clúster de Turismo de Galicia na elaboración desta Estratexia que, como engadiu, tamén se prevé que poda afondar en fórmulas para incrementar a rendibilidade empresarial e a competitividade de Galicia como destino e se abordarán asuntos vinculados coa mobilidade e conectividade turística.
Oito mesas en maio
Na xornada de hoxe abordáronse os retos no eido da promoción e diferenciación de destinos turísticos. Nos vindeiros días sucederanse encontros sobre o fomento e diferenciación de destinos turísticos, a innovación e dixitalización ou a internacionalización. Sumaranse xornadas sobre reequilibrio territorial e mobilidade, marco normativo, mellora na capacitación e promoción do talento, sustentabilidade ou competitividade empresarial. Como resultado destes encontros deseñaranse as liñas e accións futuras da futura Estratexia de Turismo de Galicia 2030.
Esta é a última fase, despois de levar a cabo un proceso de diagnose de máis de 20 mesas de traballo e enquisas online que contaron coa participación de máis de 1.000 persoas. Nesa fase recolleuse información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que afronta o turismo nas diferentes zonas da comunidade.
Ademais, en colaboración coas tres universidades galegas en coordinación coa Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia, elaborouse unha análise científica sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia, analizando polo miúdo os recursos que constitúen parte da súa oferta diferencial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188