MUNDO EMPRESA
Lorenzana sinala o Grupo Pereira como exemplo da aposta pola innovación e a dixitalización
A conselleira de Economía e Industria visitou en Vigo as instalacións desta compañía, da que forman parte máis de 20 empresas que integran a pesca, a transformación e a comercialización de produtos do mar
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou esta semana en Vigo as instalacións do Grupo Pereira, que destacou como exemplo da aposta pola innovación e a dixitalización da cadea mar industria galega.
Do mesmo xeito, sinalou o carácter exportador e a aposta pola responsabilidade social empresarial deste grupo familiar, fundado en 1955 e que integra máis de 20 empresas dedicadas á pesca, elaboración, comercialización e distribución de produtos do mar.
Partindo do sector extractivo, Grupo Pereira, que conta coa colaboración do Igape e do Inega en diferentes proxectos, soubo completar o círculo e afondar na busca de valor engadido, entrando na transformación e comercialización dos produtos. Dispón de filiais en Senegal, Mauritania, Namibia, Sudáfrica e Malvinas.
O complexo mar-industria de Galicia achega preto do 5% do PIB de Galicia e ten un papel fundamental na vertebración do territorio, xa que se estende por toda a costa e permite fixar poboación. A Comunidade, que alberga todas as fases do proceso, é a 11ª exportadora mundial de produtos de pesca, por diante de Xapón ou Islandia, e os seus produtos chegan a máis de 120 países.
A recente aprobación do Perte da cadea mar-industria, demandado de maneira reiterada polo sector, pode supoñer unha oportunidade para a transformación industrial, dixital e medioambiental das empresas desta cadea industrial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60