GALICIA
Un cento de persoas aprenden a xestionar o risco por gas Radón nos centros de traballo
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou o curso organizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) para actualizar o marco normativo na materia e mellorar a xestión dos riscos nas empresas
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou a semana pasada no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela o curso O radon no ámbito laboral, no que tomaron parte un cento de inscritos, principalmente persoal técnico relacionado coa prevención de riscos laborais.
A medida, incardinada no Plan de actuacións 2024 do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), permitiu someter a repaso as novidades normativas nesta materia, para prestar asesoramento a empresas e Administración en relación cos riscos da exposición a radiacións ionizantes.
O secretario xeral puxo en valor o esforzo do Goberno autonómico para reforzar os coñecementos técnicos para xestionar a exposición ao radon nos lugares de traballo e avanzar na súa redución. Lembrou que Galicia, polas súas características xeolóxicas, é un territorio especialmente afectado por este gas, un contaminante natural que afecta á poboación en xeral e tamén no eido laboral.
O curso contou coa presenza da xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja, e de reputados especialistas como Marta García-Talavera, experta en radiación natural do Consello de Seguridade Nuclear -único órgano competente en España en materia de radiacións ionizantes-, así como polos profesores do Laboratorio de Radon de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela, Alberto Ruano Raviña e Juan Barros Dios, líderes a nivel mundial nos estudos e investigacións sobre este gas.
Con esta actividade, o Issga, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral de Galicia presta apoio, promoción, sensibilización e asesoramento técnico a todos os actores implicados na prevención dos riscos no eido laboral. Este órgano colabora ademais coa Inspección de Traballo e Seguridade Social e participará na execución do Plan nacional contra o radon mediante a estratexia deseñada ad hoc pola Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Sanidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129