VIGO
O albergue do Berbés supera xa os 25.000 peregrinos
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este pasado venres o Albergue “Juan Manuel López Chaves” para facer balance da afluencia de peregrinos
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, anunciou este pasado vernes que o Albergue de Peregrinos “Juan Manuel López Chaves” xa superou a simbólica cifra de 25.000 camiñantes aloxados no establecemento da Xunta desde que foi inaugurado en xullo de 2021 no barrio do Berbés.
A representante autonómica destacou o acerto do Goberno galego cando decidiu investir 1,8 millóns de euros para dotar á cidade do seu primeiro albergue público no Casco Vello. “A evolución está a ser espectacular e os números avalan outra vez máis a decisión que tomamos para a rehabilitación de dous edificios nun lugar emblemático da cidade”, sinalou.
Ana Ortiz apuntou que os datos do albergue chegan grazas ao incremento exponencial que experimentou o Camiño Portugués da Costa nos últimos meses. Así, apuntou que no primeiro cuatrimestre do 2024 xa retiraron a sú compostela un total de 10.961 peregrinos que se decantaron pola ruta que pasa por Vigo.
“A afluencia de peregrinos na nosa ruta xacobea xa supero o 14% do total de todos os camiñantes que pasan por Galicia e todo apunto a que este ano superará todos os rexistros converténdose na que máis crece, o que favorece a boa ocupación que presenta o albergue do Berbés”, engadiu a delegada.
O edificio do albergue conta con seis plantas nunhas instalacións accesibles para dar resposta á demanda de aloxamento. A infraestrutura ten capacidade para unhas 90 persoas en 7 habitacións e dispón tamén de cociña, comedor, zona de ocio e aseos.
Sinalización do Camiño da Costa en Vigo
Ademais, a representante autonómica lamentou unha vez máis que Vigo siga sen sinalización oficial por parte do Concello. “Vigo segue sendo a única cidade de Europa que non ten o camiño sinalizado e por fortuna contamos coa axuda de comerciantes, taxistas e colectivos para difunfir o Xacobeo e guiar aos peregrinos”, argumentou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60