O PP de Salceda alerta da perda de preto de 90 prazas de aparcamento no centro urbán cos novos proxectos de “humanizacións radicais” nas rúas Coruña, Victoriano Pérez, Ador e Rafael Vidal. O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de alertar da perda de preto de 90 prazas de aparcamento no centro da localidade cos novos proxectos de “humanizacións radicais” impulsadas polo goberno local de MS nas rúas Coruña, Victoriano Pérez Vidal e as que hai que su,arlle as de Rafael Tilve e Ador, nas que o Grupo Popular se abstivera xa que mantiña aparcamento en Rafael Tilve pero no na rúa Ador.
Segundo explicaron os populares, o proxecto de reforma da rúa Victoriano Pérez Vidal, suporá a supresión de todo o seu aparcamento, cifrado nunhas v 10 prazas, as que hai que sumarlle as que había no Carreiro do Rollo, e á mesma deberán engadirse as 35 que se eliminarán na rúa Coruña tras saír adiante no pleno, nun segundo intento, o seu proxecto de humanización.
O voceiro municipal do PP, Santi Davila, indicou que a remodelación da rúa Coruña foi desbotada nun pleno anterior co voto contrario dos populares e do BNG e lamentou que os nacionalistas “mudaran o seu posicionamento no último pleno sen dar ningunha explicación nin esixir ningún cambio malia que iso prexudicará moito aos veciños e aos comerciantes”.
Deste xeito, ás 55 prazas que se suprimirán nestas dúas novas actuación (Carreiro do Rollo e Victoriano Pérez Vidal), hai que engadir as case 35 que se eliminan en actuacións similares levadas a cabo nas rúas Rafael Tilve e Ador, polo que a cifra final roldará as 90 prezas “ alertamos do que isto vai supor o non mantemento de algunhas prazas nesas citadas rúas para, polo menos, ofrecer algún servizo de aparcadoiro o comercio local”.
Santi Davila deixou claro que o PP está a prol destas obras de mellora, humanización e modernización das rúas de Salceda, como sempre dixeron e apoiaron “pero non da concepción urbana do goberno local actual, que actúa dun xeito radical, porque cremos que se podería eliminar só unha marxe de aparcamentos, como se facía antes, para gañar espazo para os peóns sen cargarse todas as prazas que, ao final, xerará graves prexuízos á economía local e á mobilidade dos cidadáns que veñen das parroquias e concellos cercanos a mercar, xestións, bancos etc.”.
Finalmente, o voceiro popular lamentou as “contradiccións” do BNG tanto por cambiar o sentido do voto para sacar adiante o proxecto da rúa Coruña, como por propoñer a instauración dunha zona laranxa rotatoria no inicio da rúa Victoriano Pérez Vidal, cando para a mesma rúa uns metros máis arriba, votou a favor da eliminación total de aparcadoiros, asegurando que é boa para a zona “.
Dende o Partido Popular de Salceda de Caselas, recordáronlle o BNG e demáis Grupos no pasado pleno municipal, que “xa no ano 2011 no noso programa electoral, contemplábamos a creación dun sistema de aparcamento por tempo de 45 minutos, multiplicando así por dous o número de vehículos a estacionar na mesma zona” explicou o voceiro Davila os membros da Corporación, o público presente e os que seguen o pleno vía YouTube.
Por último, recalcou Santiago Rodríguez Davila que “nós sempre plantexamos humanizacións con sentediño, compatibilizando os peóns e a necesidade da movilidade, e que non son todas as rúas iguais, nen as zonas do casco urbán, nen os servizos e establecementos son os mesmos en todas as rúas”, o entender que no ámbito destas catro rúas, é una barbaridade a eliminación desa 90 prazas de aparcamento.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116