GALICIA
A Xunta prestará asesoramento técnico para situar a Galicia na vangarda da transición ecolóxica
O Consello foi informado da posta en marcha de dous novos servizos especializados en economía circular para acelerar o cambio a un modelo baixo en carbono
A Xunta destinará case 4 millóns de euros a impulsar un novo servizo de asesoramento técnico especializado á disposición das entidades locais e das empresas interesadas co reto de acelerar o cambio en Galicia cara a un modelo económico circular e baixo en carbono que a sitúe entre as rexións na vangarda da transición ecolóxica europea.
A tal fin, o Consello tomou razón esta mañá da próxima posta en marcha de dous novos servizos en liña especializados en economía circular —un deles municipal e o outro industrial—, que se encargarán de ofrecer apoio profesional gratuíto e realizar labores de consultoría ao máis alto nivel de forma telemática ou ben mediante visitas presenciais aos concellos interesados.
A tal fin, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático sacará a licitación pública o novo servizo antes de que remate o mes de maio coa intención de que poida estar operativo e empezar a funcionar en liña nos próximos meses.
Para lograr os seus obxectivos, contarase co apoio dun panel de expertos no ámbito local e no industrial —especializados en materias tales como sostibilidade ambiental, economía circular e xestión de residuos— para acelerar o cambio do sistema produtivo lineal ao circular e as economías baixas en carbono, e promover sistemas avanzados para o aforro de recursos e a xestión dos residuos municipais. Ademais, disporá dun equipo técnico de asistencia presencial nos concellos para realizar visitas in situ.
Así, o novo servizo de economía circular municipal terá como finalidade asesorar ás administracións locais e optimizar a xestión que fan dos residuos municipais da súa competencia para adaptala aos principios de xestión eficiente e aforro de recursos.
O servizo de asesoramento industrial, pola súa banda, buscará facilitar o impulso de proxectos empresariais sostibles que aposten polo crecemento verde, polo aproveitamento dos residuos en novos recursos antes de desbotalos e pola redución das emisións contaminantes, en liña cos obxectivos de neutralidade climática.
Nos dous casos fomentarase a participación dos axentes involucrados e a creación de grupos de traballo para promover proxectos colaborativos no eido da economía circular. Tamén se identificarán boas prácticas tanto a nivel municipal como industrial e se procurarán oportunidades de financiamento e desenvolvemento tecnolóxico na materia.
Ambos servizos ocuparanse tamén de organizar seminarios, xornadas formativas, obradoiros e foros específicos sobre residuos municipais, economía circular e biocircularidade no ámbito industrial, ademais de asumir a elaboración de contidos técnicos e de educación ambiental para guías, manuais ou códigos de boas prácticas neste eido e de brindar soporte e apoio á Consellería competente á hora de redactar documentos programáticos ou de deseñar actuacións en materia de residuos.
Terceira liña de traballo: sensibilización e formación
Ademais, a terceira liña de traballo desta nova canle de asistencia que impulsará a Xunta nos vindeiros meses será implantar a economía circular a través do deseño dunha estratexia integral de comunicación, formación e sensibilización en materia de circularidade, cuestións que resultan tamén indispensables para espertar a responsabilidade colectiva e os hábitos e prácticas sostibles do conxunto da cidadanía.
Neste sentido, tamén se prevé a creación dun Observatorio galego da economía circular, chamado a actuar como unha plataforma de intercambio para visualizar diferentes indicadores, estudos e informes que axuden a monitorizar os avances que se vaian producindo en Galicia neste eido e comprobar se na práctica se está a avanzar de cara á superación do modelo produtivo lineal de usar e tirar.
En definitiva, con este servizo consultor de apoio ás entidades locais e ás empresas galegas a Xunta eleva a prioridade a correcta xestión dos residuos no actual proceso de transición ecolóxica, no que os residuos se converten en recursos, e tamén na loita contra o cambio climático, apostando por un sistema produtivo baixo en carbono, polo que supón un claro exemplo do compromiso do Goberno autonómico co obxectivo de levar a Galicia á primeira liña do crecemento verde, sostible e innovador.
O contrato contará cun orzamento de licitación de 3,88 millóns de euros, cofinanciados con fondos do programa FEDER e propios da Xunta, e terá unha duración de cinco anos, polo que tanto os servizos técnicos de asesoramento así como a estratexia integral de sensibilización e o observatorio asociados a este servizo terán un horizonte temporal se execución que se estenderá ata o ano 2029.
Aposta pola sostibilidade ambiental
Esta actuación enmárcase na aposta pola excelencia e a sostibilidade ambiental que caracterizou as políticas da Xunta nos últimos anos e que se plasmou no ano 2019 na aprobación da Estratexia de Economía Circular 2030 e da Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050, as follas de ruta a seguir na comunidade neste eido.
Neste contexto e tendo en conta a importancia da acción local para avanzar cara ao obxectivo da neutralidade climática, o Executivo autonómico apostou tamén por impulsar o Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía, asumindo o papel de coordinadora da iniciativa en Galicia e logrando implicar na actualidade a un total de 288 concellos.
Así mesmo, en 2022 puxo en marcha a Alianza galega polo clima para tratar de implicar a administracións públicas, sector empresarial e tecido social no impulso de solucións conxuntas e de medidas de mitigación e adaptación aos efectos do quecemento global.
Co fin de darlle un pulo a ambas iniciativas e brindar o seu apoio a todas as entidades do sector público e privado implicadas na busca de solucións ao cambio climático, a Xunta ultima tamén a posta en marcha de Galicia resiliente, un servizo pioneiro de asesoramento altamente especializado que axudará aos concellos adheridos ao Pacto así como aos asinantes da Alianza polo clima a impulsar proxectos que incrementen a resiliencia da comunidade ante o quecemento global e a buscar vías de financiamento.
Esta asistencia en materia de cambio climático adxudicarase previsiblemente antes de que remate o mes de maio, polo que unha vez se poñan en marcha tamén os dous novos servizos técnicos de economía circular dirixidos a concellos e empresas, Galicia contará cunha completa rede de apoio e consultoría para proxectos relacionados coa xestión eficiente dos residuos e dos recursos e para seguir avanzando cara á neutralidade climática.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60