SALVATERRA DE MIÑO
Muxicas taberna gaña o primeiro premio ó mellor pincho na I Ruta Pinchoterra
A ruta que se celebrou durante o mes de abril rematou con máis de 12.500 pinchos vendidos entre os 26 locais participantes
A I Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño chega ó seu fin coa entrega de premios e sorteo que tivo lugar este pasado luns no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño. No sorteo no que estiveron presentes hostaleiros e público en xeral fíxose o reconto dos votos para nomear ós mellores pinchos.
Recordamos que durante o mes de abril, nos catro venres nos que ó público tivo a oportunidade de probar os pinchos, consumíronse máis de 12.500 entre os 26 locais participantes. Como resultado da votación, o mellor pincho da I Ruta Pinchoterra foi para Muxicas Taberna en Grixó, o segundo mellor pincho para Taskatenda en Salvaterra e o terceiro para Casa Mariano en Fiolledo.
Ademais fíxose o sorteo dos 37 premios cos que contou a iniciativa, 26 premios que aportaron os establecementos participantes, 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns Oleiros e un primeiro premio de 260 euros para consumir nos locais que participaron na ruta.
O gañadores dos sorteos da ruta serán contactados para recoller os seus respectivos premios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129