Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 12 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Tomiño o vindeiro 14 de maio

Estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro de 16.00 a 21.00 horas

[Img #88508]Tomiño acolle o vindeiro martes 14 de maio unha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue. Como ven sendo habitual, a unidade estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro en horario de tarde, 16.00 a 21.00 horas, para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.


A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase o de subministrar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia en función das súas necesidades.


Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles a diferentes puntos de Galicia e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender ás e aos doentes que así o precisen. Dende a Axencia lembran que as mulleres poden doar 3 veces ao ano e os homes catro e que cada doante que achega a súa pinga solidaria desde os 18 aos 65 anos podería salvar a máis de 500 persoas.


As persoas interesadas en doar deben lembrar que só poden doar os maiores de 18 anos cun peso mínimo de 50 kg, que hai que almorzar ou agardar dúas horas despois do xantar e levar tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Recoméndase non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios e débese informar ao persoal médico se se está a tomar algunha medicación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.