VIGO
Multa de cen mil euros para os comuneiros de Cabral polas obras no nacemento do Lagares
A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia impuxo unha sanción de case cen mil euros (98.500 €) á Comunidade de Montes Santa Mariña de Cabral como presunta responsable das obras executadas á beira do río Lagares, moi preto do seu nacemento, e que foran denunciadas o pasado mes de outubro pola Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca).
No expediente reflíctese o carácter “grave” da actuación imputada aos comuneiros, esencialmente por destruír ou alterar o hábitat de exemplares incluídos no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. A Xunta esíxelles tamén que repoñan o tramo de río afectado ao seu estado anterior.
O caso remóntase ao mes de agosto de 2023, cando se pide informe ao Servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente sobre unhas obras que pretende realizar a Comunidade de Montes de Cabral no dominio público hidráulico e zona de policía na Lagoa de Mol, xunto ao Aeroclub de Vigo. Na solicitude especificábase que se retirarían ás árbores mortas ou caídas e faríanse tarefas de roza da maleza e de clareo das árbores en bo estado na zona de servidume, realizándose por medios manuais a actuación no leito.
A Consellería respondeu que era necesario un estudio das afeccións e impacto sobre o medio fluvial e sobre o patrimonio natural adxacente. Pero o 18 de outubro, data na que Aveeca interpuxo a súa denuncia ante o Concello de Vigo, o Seprona da Garda Civil constatou que o Lagares, cerca da súa cabeceira e augas arriba da Lagoa de Mol, fora desviado por unha máquina escavadora e que numerosos pés de árbores de ribeira foran arrancados.
Os axentes matizaron que a actuación afectaba a unha extensión de terreo duns 250 metros de longo e alteraba a morfoloxía do río, eliminando meandros e cortando a comunicación das augas da zona húmida coa canle orixinal. Mencionaron tamén a corta de árbores e limpeza de maleza adxacente, así como traballos silvícolas no corredor fluvial e no seu bosque galería.
O Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra emitiu finalmente o seu informe, no que incluíu a denuncia de Aveeca que lle remitira o Concello vigués, e resolveu que na área en cuestión hai un ameneiral que constitúe unha zona ben conservada de interese comunitario, resultando afectadas tamén varias especies catalogadas como vulnerables, en concreto, a salamántiga rabilarga, a ra patilarga e un narciso clásico (narcissus cyclamineus).
Resolveu impoñer á Comunidade de Montes de Santa Mariña de Cabral unha sanción de 98.500 euros, considerada de contía media para un tipo de infracción grave, e fixou un prazo de tres meses para restablecer a legalidade mediante a restauración do medio natural ao estado anterior, “repoñendo o tramo destruído do río Lagares”. Os comuneiros terán que presentar previamente un proxecto de restauración ante a Consellería de Medio Ambiente e non poderán comezar a executalo sen a autorización da Administración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60