VIGO
As escaleiras mecánicas de Porta do Sol amplían o seu horario os sábados ata ás 02:00h
O alcalde anunciou a ampliación do horario das escaleiras de Porta do Sol que funcionarán os sábados ata as 02,00 h. Este incremento súmase ao do ascensor HALO que desde hoxe adapta a súa operativa ás saídas e chegadas dos trens
As escaleiras mecánicas que unen Porta do Sol co Paseo de Granada funcionarán os sábados ata ás 02,00 h ampliando, deste xeito, unha hora o seu tempo de funcionamento e atendendo así unha demanda da cidadanía. Esta ampliación sumase á do ascensor HALO que desde hoxe estende o seu horario de utilización. Deste xeito, o elevador que une a zona do Areal coa estación de Urzáiz e Vía Norte pasa a estar operativo desde as 5:30 da mañá ata as 00:30 horas de domingo a xoves. Os venres, sábados e vésperas de festivo o HALO funcionará entre as 5:30 e as 02:00 horas.
Tal e como explicou o rexedor, estes novos horarios permiten atender a saídas e chegadas de todos os tren á estación de Urzáiz e a afluencia de máis persoas á zona as fins de semana, cubrindo unha parte do ocio nocturno.
Ascensor
O Concello anuncia que o ascensor da Praza da Estación de Vialia estará paralizado durante algúns días para solucionar danos provocados por actos de vandalismo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60