Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 10 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Xunta e concello reforzan a súa aposta pola coa cultura no Porriño

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, visitou o Porriño para coñecer de primeira man as necesidades do municipio e establecer vías de colaboración entre ambas administracións

O alcalde, Alejandro Lorenzo, recibiu  ao conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, na súa primeira visita institucional ao Concello do Porriño.

 

 

López, que firmou no libro de honra da institución, destacou que se trata de unha das primeiras visitas que realiza a un concello como conselleiro da nova área de goberno que pretende visibilizar e poñer en valor a cultura galega, o uso da nosa lingua e impulsar políticas dirixidas a resolver os problemas co que se atopa a mocidade.

 

“O Porriño é un concello que representa a esa Galicia con empuxe, e por iso é necesario coñecer de primeira man as súas necesidades”, explicou o conselleiro, “Coñecemos perfectamente cal é a folla de ruta que ten o Concello do Porriño e son moitos os ámbitos nos que imos traballar conxuntamente”.

 

O representante autonómico destacou que ademais “unha efeméride importante como é o 150 aniversario do nacemento do arquitecto Antonio Palacios e o centenario da Casa Consistorial será moi relevante  a nivel autonómico, xa que se trata dun persoeiro ilustre da arquitectura, do urbanismo e da cultura de Galicia”.

 

Neste sentido López tendeu a man a manter unha colaboración “moi atenta, dinámica e próxima ás necesidades que poida ter O Porriño”.

 

Sobre a mesa moitas propostas de traballo conxunto a abordar entre ambas administracións, como é a programación conmemorativa do ano “Antonio Palacios. Patrimonio Cultural do Porriño”, a creación do novo auditorio ou a proxección dun Cine Municipal, entre outras.

 

Pola súa banda, o alcalde quixo agradecer ao conselleiro a súa disposición a reforzar a colaboración co Porriño. “Todas as áreas que representa son de vital importancia para o noso Concello e en todas elas temos proxectos e iniciativas que, estou seguro, contarán coa colaboración da Xunta de Galicia. Coa súa axuda seguiremos facendo do Porriño un referente cultural”. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.