Sábado, 01 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 12 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos procederá á esterilización da segunda quenda de gatos rueiros no CAAN da Deputación

O Concello mosense, que estreou este servizo provincial, esterilizará un total de 78 gatos dentro do Plan Municipal de Control e Xestión de Colonias Felinas ‘Ghatiñ@s’

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Medio Ambiente, Laura Méndez, informaron de que o Concello vai levar ao CAAN a segunda quenda de gatos de colonias rueiras para a súa eterilización a través do Convenio coa Deputación de Pontevedra. Nesta nova quenda esterilízanse 10 gatos.

 


O Concello de Mos vén de ser estes días o primeiro que fixo uso deste servizo provincial de esterilización de gatos procedentes de colonias felinas legalmente establecidas, na instalacións do CAAN (Centro de Recollida e Protección Animal). Mos decidiu iniciar o proceso de castración e solta destes animais con oito felinos, 7 femias e 1 macho. En total Mos esterilizará 78 gatos rueiros dentro do seu Plan ‘Ghatiñ@s’. Trátase dun Plan Municipal de Control e Xestión de Colonias Felinas.


Para o desenvolvemento do devandito programa destínanse fondos propios municipais, así como a adhesión ao CAAN da Deputación de Pontevedra (Centro de Acollida e Protección de Animais da Armenteira) mediante o que se establece un protocolo de actuación con colaboración provincial para a esterilización de gatos comunitarios; sempre segundo o establecido na Lei de protección dos dereitos e do benestar dos animais.


A posta en marcha deste Plan surxe da demanda veciñal e da detección da proliferación de colonias felinas de gatos rueiros sobre todo en 6 das 10 parroquias mosenses (Sanguiñeda, Petelos, Tameiga, Louredo, Pereiras e Mos). Así, iniciado o procedemento de localización e contabilización das mesmas, ata o momento xa se detectaron alomenos 8 colonias.


Para proceder ao control e xestión destas 8 colonias desde o Concello de Mos procederase á adxudicación dun servizo veterinario para adquisición de pienso para alimentación, cirurxías urxentes de gatos/as abandoados, así como adquisión de transportíns para traslado dos gatos. Servizo veterinario que se complementa coa castración de gatos abandoados a través do CAAN da Deputación.


A posta en marcha deste Plan Municipal de Control e Xestión de Colonias Felinas vai dirixida ás comunidades de gatos que viven na rúa co fin da súa protección e control poboacional. Os gatos integrantes destas colonias deberán ser capturados para a súa marcaxe esterilización e control sanitario.


Xa foron detectadas ata o momento alomenos 8 colonias felinas: 3 en Sanguiñeda, 1 en Petelos, 1 en Tameiga, 1 en Louredo, 1 en Pereiras e 1 en Mos. Por iso é preciso que o Concello conte cun programa de xestión de colonias que estandarice os traballos e metodoloxías empregados, con obxecto de controlar a poboación das colonias urbanas felinas e manter a súa saúde, optimizando os recursos e os medios necesarios.


Así, a edil de Medio Ambiente, Laura Méndez, declara que “é apremiante a necesidade por parte do Concello de controlar a poboación das colonias de gatos que viven na rúa, cos conseguintes problemas medioambientais e de salubridade que ocasionan como cheiros, suxedade, e presencia de plagas (pulgas) por todo o municipio”. Méndez explicou que “así mesmo este plan será reforzado con campañas de concienciación e prevención dirixidas á poboación”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.