Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 11 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López insta a Transportes a aclarar se “garda indefinidamente nun caixón” o proxecto de autoestrada Pontevedra-Ourense

O presidente provincial pide información para que non se converta no “enésimo desprezo” do Goberno ás infraestruturas da provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, amosou o malestar do executivo provincial pola negativa do Goberno central de construír unha autovía entre Pontevedra e Ourense cun ramal propio cara a Lalín. Tampouco está de acordo o mandatario provincial co argumento esgrimido para descartar o proxecto, que basea a súa postura na existencia doutros itinerarios. Por iso, desde a Deputación de Pontevedra instan ao Ministerio de Transportes a aclarar se “garda indefinidamente nun caixón” este proxecto estratéxico para mellorar as comunicacións na provincia de Pontevedra.

 

 

Neste sentido, Luis López sinala que un deses itinerarios alternativos aos que se refire o Goberno é a estrada N-541, na que se produciu o fatídico accidente de autobús na Noiteboa do 2022 e é escenario de constantes accidentes. Uns problemas de seguridade viaria que motivaron a unión dos alcaldes baixo a plataforma coñecida como o Pacto de Pedre para reclamar a mellora inmediata deste trazado que une Pontevedra e Ourense. “Non queremos parches, queremos actuacións integrais”, esixiu o presidente da Deputación.

 

O rexeitamento do Goberno central a este proxecto súmase a outros prexuízos que está a padecer a provincia de Pontevedra en actuacións dependentes do Ministerio que encabeza Óscar Puente. “O enésimo desprezo do Ministerio de Transportes a esta provincia”, lamentou López antes de enumerar situacións que están a afectar á veciñanza e economía do territorio pontevedrés como “o retraso na chegada dos trens Avril, que serán os segundos máis lentos de toda a rede; as obras en Peinador, que terán pechado o aeroporto un mes mentres en Vigo se celebran feiras de calado internacional como Navalia; ou o pésimo estado das once estradas nacionais que vertebran a provincia, un asunto que desde a Deputación seguiremos abandeirando.

 

Despois de contrapoñer o modelo investidor da Deputación na súa rede de estradas, a última mostra é o convenio aprobado este venres en Xunta de Goberno para mellorar a mobilidade na EP-5012 en Arbo, co mal estado e falta de mantemento da rede nacional; Luis López apelou ao ministro Óscar Puente para que dea unha resposta definitiva sobre o proxecto da autovía entre Pontevedra e Ourense.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.