GALICIA
A Xunta e a Fundación Galega Contra o Narcotráfico renovan a súa colaboración na xestión de bens comisados
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente da Fundación, Manuel Antonio Couceiro, asinaron esta semana o convenio
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Manuel Antonio Couceiro, asinaron a renovación do convenio para a optimización da xestión dos bens comisados ao narcotráfico e delitos conexos. Segundo establece o acordo, o Goberno galego achegará 32.000 euros para apoiar as autoridades xudiciais e outros axentes implicados nas tarefas de xestión, depósito e realización anticipada dos bens incautados nestes procesos. No acto de firma estivo tamén presente o director xeral de Xustiza, José Tronchoni.
O obxectivo é ofrecerlles ás autoridades xudiciais información e apoio que permita reducir a carga de traballo das unidades xudiciais que instrúen procesos de tráfico de drogas. Deste xeito, axilízase a actividade das unidades xudiciais que se encargan destes asuntos no que se refire ás execucións e maximízase o rendemento económico ao reducirse os custos de depósito e xestión dos activos comisados. Ao mesmo tempo, foméntase o retorno social dos bens incautados a través de accións antidroga mediante a adxudicación ou cesión de bens non vendidos a entidades sociais.
Neste marco de acción, a Fundación Galega contra o Narcotráfico encárgase de coordinar cos axentes implicados a recollida do ben, o transporte e o depósito; orientar á autoridade xudicial sobre os supostos nos que resulta máis conveniente a venda anticipada dos bens; e informar acerca das solicitudes de uso ou cesión de bens incautados.
A contía achegada pola Xunta ao abeiro deste convenio destínase tamén á actuacións formativas e divulgativas para loitar contra o tráfico de drogas en Galicia. Nesta liña inclúense encontros profesionais, campañas de sensibilización social, asesoramento a persoas con drogodependencia e ás súas familias, así como a promoción de iniciativas a prol da loita contra o narcotráfico en Galicia e a colaboración permanente coas forzas de seguridade e profesionais do ámbito xudicial.
A colaboración entre o Goberno galego e a Fundación Galega contra o Narcotráfico na materia comezou en 2015 e nela participa tamén o Colexio de Procuradores da Coruña, en cuxas dependencias se depositan os bens.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60