Galicia
A Xunta remite ao Parlamento o proxecto de Lei de recursos naturais para a súa aprobación
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello acordou hoxe retomar nesta nova lexislatura a tramitación do proxecto de Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia. “Aprobouse para remitila xa ao Parlamento e o obxectivo é que os froitos do aproveitamento dos nosos recursos naturais revertan en Galicia”, indicou.
O Goberno galego xa aprobara o pasado 21 de decembro o proxecto de lei, antes da publicación do decreto de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións, que saíu no Diario Oficial de Galicia do 26 de decembro. Nesta nova lexislatura, cumpría aprobar de novo o proxecto de lei, así como a súa remisión ao Parlamento.
O obxectivo é contar cunha lexislación de referencia no aproveitamento dos recursos naturais tanto desde o punto de vista da sustentabilidade -velando por que se lles asignen usos óptimos e con vocación de perdurar no tempo- como do retorno social -poñendo esta riqueza ao servizo dos galegos-. “Grazas a esta normativa seguiremos avanzando cara a unha economía máis sustentable e Galicia será un referente na transición enerxética”, resaltou Rueda.
Durante a súa tramitación, logo do período de audiencia e información pública, así como da emisión dos distintos informes, introduciuse unha serie de propostas que melloran a claridade e precisión do texto co obxectivo de achegar unha maior seguranza xurídica.
Esta norma busca aproveitar a abundancia dos recursos naturais de Galicia para reter na Comunidade o beneficio ambiental económico e social dos proxectos que impliquen a produción de enerxía renovable e as concesións de augas e minaría.
Así, unha das principais novidades, tal e como explicou Rueda, consiste na integración dun estudo de impacto socioeconómico nestes proxectos, independentemente de que precisen de avaliación ambiental, valorando beneficios como “a creación de emprego, a mellora ambiental na contorna ou a redución do custo enerxético” aos consumidores locais.
O proxecto tamén prevé a participación da Administración nos proxectos mediante sociedades mercantís privadas; o establecemento de instrumentos financeiros para apoiar as iniciativas, tales como préstamos, garantías ou incentivos fiscais; a introdución do canon á eólica mariña, cuxos beneficiarios serán os concellos afectados e o sector pesqueiro; un fondo con achegas públicas e privadas para financiar actuacións de recuperación das zonas afectados por incendios; unha regulación específica para facilitar o autoconsumo nas áreas empresariais; a creación dun mercado voluntario de créditos de carbono e un plan de valorización integral de residuos con alto potencial de biometanización. Ademais, facilita o impulso de infraestruturas relacionadas coa mobilidade eléctrica.
Esta normativa axudará a dinamizar o medio rural, pois a localización de proxectos empresariais de interese común que repercutan de xeito positivo no territorio contribuirá a combater o despoboamento, a degradación dos espazos naturais e permitirá loitar contra os efectos do cambio climático. En definitiva, aumentará a resiliencia do propio medio rural, pero tamén o da sociedade no seu conxunto, xa que os proxectos facilitarán a dinamización social, non só polo emprego directo, senón polas compensacións que se establezan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129