Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 14 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño avanza na creación dunha gran zona verde do centro urbano

O proxecto de humanización da contorna do centro social e humanización de Pío XII conta xa coa partida orzamentaria municipal para acometer a primeira fase

O Concello do Porriño deu hoxe un paso importante na humanización do seu centro urbano dotando de partida orzamentaria un dos proxectos urbanísticos de maior impacto: a humanización da contorna do centro social que condicionará as rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, Ramón González e Pío XII creando un gran espazo público.

 

 

A goberno municipal aprobou definitivamente a modificación orzamentaria que consigna a aportación municipal comprometida no convenio asinado coa Deputación de Pontevedra para executar a primeira fase do proxecto. Concretamente 460.000 euros, o 33% do orzamento total.  Simultaneamente, o Concello do Porriño está adquirir os terreos necesarios para levar a cabo estas obras.

 

Este proxecto consiste na creación dun gran espazo público pensado para dar prioridade á mobilidade peonil e máis importancia ás zonas verdes, ao tempo que se limita o paso de vehículos. Para conseguilo está prevista a creación dun espazo contínuo, accesible e verde, no que se mellorará a comunicación peonil entre o centro urbano e a rúa Pío XII, crearanse novas zonas de convivencia baixo a sombra de novas especies arbóreas e buscarase a apertura da contorna do centro social coa rúa e o parque, ademais de executarse a renovación integral da zona de ocio infantil. Ao mesmo tempo, na calzada de Pío XII renovaranse todas as redes de servizos e dotarase dunha plataforma única que conecte coa nova zona verde da contorna, reducirase o tráfico e a súa velocidade.

 

“Este novo espacio conectará o centro urbano e poñerá en valor esta céntrica zona, xerando novas oportunidade de uso para mellorar a calidade de vida da cidadanía”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Quero aproveitar para agradecer a disposición dos propietarios a facilitar ao Concello que este gran parque sexa pronto unha realidade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.