Jueves, 11 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 16 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
MONDARIZ

A Deputación analizará proxectos en estradas provinciais de Mondariz

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Mondariz, Juan Carlos Montes, para coñecer as necesidades do municipio en canto ás vías provinciais que o atravesan

A Deputación de Pontevedra analizará proxectos en estradas provinciais considerados prioritarios para o Concello de Mondariz. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Mondariz, Juan Carlos Montes, para coñecer as necesidades do Goberno local en canto ás estradas provinciais que atravesan o termo municipal. Na xuntanza, a deputada comprometeuse a analizar as demandas marcadas polo alcalde para poder darlle un impulso a proxectos que, nalgúns casos, veñen xa do 2017.

 

 

No encontro, ambos dirixentes analizaron a situación da actuación a desenvolver na estrada provincial  EP-4306 que une Ponte do Val e Barciademera. Este é un proxecto iniciado no ano 2017, que o concello de Mondariz considera prioritario e, sen embargo, leva anos sen ter a cesión dos terreos completada para poder dar o seguinte paso no expediente.

 

Ademais da EP-4306, Couselo e Montes tamén analizaron o proxecto de creación dunha senda peonil na estrada  EP-4401 que une Mondariz-Balneario  e Forzara. Neste caso, ao igual que o anterior, o Goberno Local anterior non puxo a disposición os terreos o que impide poder avanzar na posta en marcha da senda.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.