Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 17 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Olimpiadas Saudables para os escolares do Porriño

Estudantes de secundaria e de FP Básica do Porriño participan nesta actividade que fomenta o ocio saúdable

87 estudantes do Porriño participaron no último mes nas PorriñOlimpiadas Saudables, unhas xornadas de actividades encadradas dentro do Programa ACTIVA da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e organizadas pola Concellería de Sanidade do Concello do Porriño.

 


Este programa ten como obxectivo fomentar o ocio saudable entre os estudantes de terceiro de secundaria e de FP Básica dos centros participantes: CPR Hermanos Quiroga, IES Pino Manso, CPR Santo Tomás e IES Ribira do Louro. Os/as mozos/as de cada uno dos centros formaron  equipos que sumaron puntos ao longo das distintas fases. As actividades consistiron nun torneo de brilé, un concurso de fotografía e na preparación de cócteles sen alcol.


Os equipos foron sumando puntos para os seus centros e se batiron hoxe na última xornada no pavillón polideportivo municipal, onde o IES Pino Manso obtivo o primeiro lugar.


Valeria Dagraza, de Avada, coordinadora das PorriñOlimpiadas Saúdables declara que “se cumpliron os obxectivos do traballo en equipo e fomento do ocio saúdable, destacando a participación dos rapaces na elaboración dos seus propios cócteles”.


Pola súa banda, a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso mostrou a súa satisfación polo interés demostrado polos rapaces/as e o desenvolvemento da actividade.


O alcalde do Porriño, compartiu cos rapaces e rapazas un ratiño da actividade na súa xornada final e recabou as súas impresións. “É moi importante que interioricen que hai moitas opcións de lecer e cousas que facer para divertirse sen facerse dano, a diversión e o dano persoal non poden ir da man”, explicou o rexedor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.