MOS
Mos instalará trampas para capturas de mosquitos tigre
Vénse de adherir á campaña de prevención da Rede Galega de Vixilancia de Vectores da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, informaron de que o Concello de Mos vén de adherirse á Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVIVEC), da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para a prevención e loita contra o mosquito tigre.
Para elo nomeouse como persoa de contacto e coordinador da campaña preventiva ao Xefe do Servizo de Emerxencias de Mos, Rodrigo Iglesias.
Desde agosto do pasado ano 2023 detectouse a presenza por primeira vez en Galicia do mosquito tigre (Aedes albopictus) en varios concellos da Ría de Vigo. O mosquito tigre é unha especie exótica invasora orixinaria do sureste asiático. A presenza deste mosquito é moi molesta polo número tan elevado de picadas que causan as exemplares femia e, ademais este mosquito ten a capacidade de actuar como transmisor dalgunhas enfermidades, como as producidas polos virus Chikungunya, dengue ou Zika.
O radio de voo e de acción do mosquito tigre adulto é dun máximo de 400 metros, polo que é moi probable atopalo preto do sitio de cría. Con todo, debido ao transporte pasivo polo vento ou no interior de vehículos pódese desprazar a maior distancia. Coa chegada da primavera, iniciase de novo o período de actividade no que as formas adultas do mosquito recomezan os ciclos de reprodución. Dada a evidencia científica do que xa aconteceu noutras comunidades é moi probable que o mosquito continúe a colonización dos territorios lindeiros, entre os que se atopa o seu concello.
A vixilancia sanitaria destes vectores realízase en Galicia a través da Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVIVEC) á que vén de adherirse o Concello de Mos e que foi creada no ano 2017 mediante un convenio de colaboración entre as Consellerías de Sanidade e de Medio Rural e as Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo, co obxectivo de identificar os principais mosquitos e carrachas vectores de enfermidades humanas e animais.
Dende agosto do 2023 os concellos nos que se detectou o mosquito tigre comezaron a colaborar coa REGAVIVEC, facilitando a recollida de mostras de mosquitos nos seus concellos.
Nesta nova etapa contará tamén coa colaboración dun novo Concello, o de Mos, solicitada pola propia REGAVIVEC ante a posibilidade de que poida chegar a establecerse o mosquito tigre na localidade mosense por proximidade aos municipios afectados.
Así a administración local mosense colaborará coa REGAVIVEC na colocación de trampas para capturas de mosquitos, contribuíndo a determinar a abundancia de vectores que poidan transmitir patóxenos que afecten a saúde humana, avaliar o risco de transmisión de patóxenos á poboación e determinar decisións para reducir as poboacións de vectores e evitar, así, a transmisión de patóxenos á poboación.
Gracias a esta colaboración poderase coñecer con premura a distribución dos mosquitos e adiantarse así á adopción de medidas de prevención e protección, co fin de evitar a súa reprodución, dispersión e instalación nos diferentes concellos de Galicia.
As representantes municipais, Arévalo e Méndez Senlle, declararon a este respecto que “desde o Concello de Mos apostamos por esta colaboración que vai redundar finalmente nunha mellora da saúde e o benestar da poboación e dos nosos veciños”.
Así mesmo informaron de que próximamente investigadores das universidades de Vigo e Santiago, antes citadas, dirixiranse ao concello para instruír ao responsable de colocar as trampas, Rodrigo Iglesias, sobre os aspectos máis relevantes, como pode ser o lugar idóneo para colocalas, ou a frecuencia, e para darlle as instrucións para a remisión das capturas.
O material non suporá custe algún para a administración local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126