MOS
O BNG de Mos denuncia extintores sen revisar
Imaxe dos supostos equipos que non foron revisados segundo o BNG
O BNG de Mos esíxelle ao goberno municipal o cumprimento da normativa contra incendios nas dependencias do Concello. Segundo os nacionalistas "de acordo coas etiquetas de mantemento, os extintores e as bocas de incendios foron revisadas, por última vez, en xuño de 2022, cando a normativa vixente establece que os equipos de protección contra o lume deben ser revisados, como mínimo, unha vez ao ano".
O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, lamenta “o desinterese do goberno do PP ante a necesidade de garantir as mínimas condicións de seguridade, tanto para o persoal municipal como para as persoas usuarias dos equipamentos públicos” e pide explicacións sobre esta “inaceptable neglixencia”.
O problema, indica Barcia, é que "aínda non sacou a licitación a contratación dunha empresa de mantemento de extintores e sistemas antiincendio. Agora mesmo, ninguén se fai cargo do correcto funcionamento dos dispositivos instalados en edificios que usan diariamente centos de persoas, tales como a propia casa do Concello, o multiúsos das Pozas ou os pavillóns deportivos".
Casos puntuais
![[Img #88640]](https://xornal21.com/upload/images/05_2024/1680_extintores-revisados.jpg)
Imaxe de extintores revisados con data do pasado mes de abril
Segundo aseguran fontes do Concello de Mos, en poucos días se licitará o prego de condicións para que unha empresa especializada se encargue do mantemento dos equipos de extinción. Esta medida busca garantir a operatividade e seguridade dos dispositivos contra incendios nos edificios municipais.
As mesmas fontes indican que a gran parte dos extintores nos edificios municipais atópanse operativos e revisados. Os casos denunciados polos nacionalistas, segundo estas fontes, son dous exemplos puntuais que non representan a totalidade do material contra incendios dispoñible. Trataríase, segundo indican, de erros moi localizados que, coas novas medidas, quedan definitivamente solucionados.
Deste xeito, o Concello de Mos pretende asegurar a eficacia e o bo estado dos seus equipos de extinción, respondendo ás preocupacións cidadás e garantindo a seguridade en todas as instalacións municipais.
Imaxe dos supostos equipos que non foron revisados segundo o BNGO BNG de Mos esíxelle ao goberno municipal o cumprimento da normativa contra incendios nas dependencias do Concello. Segundo os nacionalistas "de acordo coas etiquetas de mantemento, os extintores e as bocas de incendios foron revisadas, por última vez, en xuño de 2022, cando a normativa vixente establece que os equipos de protección contra o lume deben ser revisados, como mínimo, unha vez ao ano".
O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, lamenta “o desinterese do goberno do PP ante a necesidade de garantir as mínimas condicións de seguridade, tanto para o persoal municipal como para as persoas usuarias dos equipamentos públicos” e pide explicacións sobre esta “inaceptable neglixencia”.
O problema, indica Barcia, é que "aínda non sacou a licitación a contratación dunha empresa de mantemento de extintores e sistemas antiincendio. Agora mesmo, ninguén se fai cargo do correcto funcionamento dos dispositivos instalados en edificios que usan diariamente centos de persoas, tales como a propia casa do Concello, o multiúsos das Pozas ou os pavillóns deportivos".
Casos puntuais
![[Img #88640]](https://xornal21.com/upload/images/05_2024/1680_extintores-revisados.jpg)
Imaxe de extintores revisados con data do pasado mes de abril
Segundo aseguran fontes do Concello de Mos, en poucos días se licitará o prego de condicións para que unha empresa especializada se encargue do mantemento dos equipos de extinción. Esta medida busca garantir a operatividade e seguridade dos dispositivos contra incendios nos edificios municipais.
As mesmas fontes indican que a gran parte dos extintores nos edificios municipais atópanse operativos e revisados. Os casos denunciados polos nacionalistas, segundo estas fontes, son dous exemplos puntuais que non representan a totalidade do material contra incendios dispoñible. Trataríase, segundo indican, de erros moi localizados que, coas novas medidas, quedan definitivamente solucionados.
Deste xeito, o Concello de Mos pretende asegurar a eficacia e o bo estado dos seus equipos de extinción, respondendo ás preocupacións cidadás e garantindo a seguridade en todas as instalacións municipais.





























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.48